Sábado, 5 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Sen empresa redactora e con poucos cartos ábrese unha nova etapa do PXOM de Nigrán.

Sen empresa redactora e con poucos cartos ábrese unha nova etapa do PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Pleno de aprobación inicial do PXOM en xuño de 2013

O concello xa pagou á empresa redactora TINSA - ARNAIZ  120.000 euros polo 50% do proxecto executado, pese a levar á aprobación un documento con innumerables erros de base.

Contestar e investigar máis dun milleiro de alegacións ao PXOM, corrixir unha cartografía desfasada de Nigrán e cuantiosos erros técnicos do documento serán algúns dos primeiros pasos que deberá asumir a nova empresa redactora segundo a oposición. Para enfrontar ese obxectivo só contará  coa metade dos 200.000 euros asignados no seu momento para a totalidade do PXOM ao ter xa abonados o Concello dúas das catro etapas nas que foi orzamentado a razón dun 25% cada unha, ademais dunha extra de 20 mil euros.  A pregunta que rolda agora é se serán suficientes eses 100.000 mil euros restantes para acometer a nova tramitación.

Salvo para o goberno municipal, que emitira un comunicado “optimista” tralo anuncio da inminente rescisión coa actual redactora, para boa parte da oposición as cousas non están tan claras. O goberno propón unha cesión de contrato como solución. que outra empresa tome o documento tal cual está e remate a súa tramitación. Mais para a oposición o documento herdado é claramente insuficiente e cheo de erros. No caso de UCN  enténdese que hai motivos suficientes para levar ante a xustiza á empresa redactora por incumprimento, e para o PSOE debe abrirse unha nova andaina na procura de consensos sociais e revisión profunda do mesmo.

UCN adianta que non aceptará unha cesión contractual sen máis.

O certo é que cos perto de 120.000 euros que  pagou o Concello de Nigrán á empresa redactora do PXOM, as promesas do rexedor de aprobar o documento neste mandato parecen difícil de cumprir. O concelleiro Fernández Comesaña anuncia ser partidario de reclamar xudicialmente unha indemnización que por valor de 1 millón de euros que “como mínimo e pendente de cuantificar con más exactitude”, resarza os 120 mil xa cobrados, así como o importe dunha nova contratación.  Un investimento que segundo UCN fixa aproximadamente nuns 500.000 euros. O resto sería para compensar o “quebranto económico á administración, así como reintegro de gastos de estudio e informes do persoal técnico municipal (xurídico, enxeñeiro, arquitecto, etc), pois considera que todo o andado foi unha verdadeira “tomadura de pelo”.

Fernández “pasa factura” e lembra a moción rexeitada polo PP.

Fernández  lembra que no estaba “desencamiñado” cando no mes de febreiro de 2013, presento moción na que plantexaba a rescisión do contrato á empresa. Entre outros motivos, “por grave incumprimento contractual, perda de confianza, deficiente traballo técnico e a utilización de cartografía desfasada que no reflectía a realidade do concello”.Xa daquela opinaba que era conveniente “ iniciar expediente para a incautación da fianza depositada, así como exixir responsabilidades e indemnización por danos e prexuízos ocasionados, como consecuencia da demora producida de más de 60 meses, en lugar dos 18 meses fixados no contrato para la aprobación definitiva. Mais recorda que “aquela moción resultou rexeitada polo PP.

E agora que?

PSOE e BNG  aínda non fixeron pública a súa posición en tanto se aceptarán ou non a solución achegada polo rexedor Valverde. En días previos á reunión de portavoces deste luns, os socialistas ademais de manifestar o seu convencemento que o contrato con Arnaiz ía “rachar” salientaban que era momento de revisar profundamente a tramitación. Feito que pasaba por un diálogo de todas as agrupacións municipais e mais o foro do Consello Sectorial que agrupa a todos os colectivos sociais do municipio.  O certo é que, coincidindo con UCN, para os socialistas dificilmente haberá unha aprobación definitiva do PXOM neste mandato municipal. Todo isto contrasta coa mensaxe de “optimismo e confianza” do rexedor Valvarde tralo remate da reunión de portavoces.