Domingo, 10 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán entrega aos grupo políticos os informes sobre o PXOM dos técnicos municipais.

O Concello de Nigrán entrega aos grupo políticos os informes sobre o PXOM dos técnicos municipais.

Correo-e Imprimir PDF
PXOM nigran_documento_inicio

-Os socialistas tiñan presentada dende o venres unha moción cara o vindeiro pleno para que o rexedor presentara sen máis demora a devandita documentación.

-O portavoz da UCN-CDL tamén reclamou publicamente dita entrega comprometida polo alcalde no pleno de novembro.

O alcalde Alberto Valverde fixo entrega este martes aos grupos políticos os informes dos técnicos municipais relativos á documentación do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM), previos a súa aprobación inicial. Segundo comunicou Juan González, portavoz do opositor PSOE, trátanse dos informes técnicos da enxeñeira, arquitecto, interventor e técnico de administración xeral (xurídico). Os socialistas tiñan presentada unha moción cara o vindeiro pleno de xaneiro, na que esixían ao alcalde dita entrega e o acusaban de demorar a mesma.

Segundo opinión de Juan González, o PSOE presentou a petición o pasado venres aos efectos de debater o tema no pleno de xaneiro, con esta entrega "Alberto Valverde elude así o debate plenario no que o grupo socialista lle esixía ao alcalde que cumprira a lei e que non seguira convertendo o PXOM nun documento con cada vez menos participación e máis escuro", sinalou.

Nembargante, sostivo que "sexa come sexa o obxectivo do Partido Socialista vese cumprido ao obrigar a Alberto Valverde a entregar dous meses despois os informes técnicos municipais". Adiantou que a súa agrupación colgará os mesmos na web do PSOE Nigrán á brevidade, e que o seu partido "fará unha valoración dos informes unha vez os teña estudado xa que foron entregados hoxe mesmo e dada a súa importancia requiren un tratamento serio e fóra de calquera disputa política ou demagóxica".