16 colectvios veciñais, pertencentes ao Consello Sectorial do PXOM de Nigrán, non descartan unha posible manifestación se o concello non dá marcha atrás na súa intención de aprobar o PXOM se antes antender ás súas demandas.
Os colectivos acusan ao alcalde de Nigrán de "mentir" e "manipular" á opinión pública, vendendo unha imaxe de diálogo e conciliación cos colectivos, que non existe.
As A.VV. "A Camoesa" de Camos, A.VV. "Arribas Brancas e Seixos Negros" de Panxón, A.VV. "Monteferro" de Panxón, A.VV. "O Castro" de Chandebrito, a A.VV. "A Irmandade" de Priegue, A.VV. "Chandebrito 1807" de Chandebrito, a Comunidade de Montes en Man Común de Chandebrito, Sociedade Deportiva "Bolos do Ceán" de Nigrán, Peña Ciclista "Val Miñor" de Nigrán, Instituto de Estudos Miñoranos, Plataforma Cidadá do Val Miñor "Nunca Máis", Asoc. de defensa do Medio Ambiente "Salvemos Monteferro" de Nigrán, Asociación "A Groba" de Nigrán, Cofradía de Pescadores "La Anunciada", PSOE de Nigrán e BNG de Nigrán, todos eles membros da asemblea do Consello Sectorial do PXOM de Nigrán, suscribiron onte un comunicado conxunto no que critican duramente o xeito de actuar, noemadamente do alcalde popular Alberto Valverde, durante o avance da tramitación do futuro documento urbanístico.
Os colectivos entenden que a configuración definitiva deste plan xeral "afecta dun xeito notorio ao desenvolvemento da vida en Nigrán" tanto urbanísticamente como social, cultural, medioambiental e económica, e dun xeito inmediato á súa aprobación.
Sinalan que a responsabilidade do futuro máis próximo do Municipio "non pode quedar só nunhas poucas mans" o que xustificou a creación do Consello Sectorial do PXOM de Nigrán, que o actual grupo de goberno apoiou no seu momento sendo oposición, a fin de reclamar a participación cidadá e a transparencia na elaboración do documento.
Como xa manifestou valminor.info no seu día, os colectivos sinalan ó icumpirmento por parte de Alberto Valverde, dos Estatutos de Funcionamento do Consello Sectorial, que obrigan ao rexedor a convocar como mínimo, unha reunión cada dous meses en Asamblea Ordinaria, algo "que de xeito flagrante incumpre o actual grupo de goberno".
Sobre a negativa de Alberto Valverde de non convocar o Consello Sectorial por "carecer de tempo para a convocatoria" os colectivos recórdanlle ao alcalde que no presente ano solicitáronlle por escrito e en tres ocacións, a convocatoria do mesmo, e polo tanto non entenden xustificada a negativa por unha falta de tempo e prazo, como arduía o escrito de resposta do rexedor. "en reiteradas ocasións, nas convocatorias feitas de maneira parcial dos membros que compomos o Consello Sectorial e ainda para outras cuestións relativas a temáticas que afectan ao benestar dos veciños-as do Municipio, fomos convocados con menos tempo de antelación por parte do Sr. Alcalde. A fin de xustificar o inxustificable para non concedernos a xuntanza solicitada, á que por lexitimidade dos regulamentos de funcionamento do Consello Sectorial temos dereito, sácase da chistera unha interpretación persoal do mesmo articulo..."
Sobre a cuestión relativa á "ineficacia" da celebración desta convocatoria Xera do Consello Sectorial, os colectivos manifestan estar sorprendidos polas declaracións de Alberto Valverde na prensa. Sinalan que nas reunións mantidas polos colectivos veciñais "xurdiron cantidade de propostas a fin de ser tidas en conta na redacción do Documento do PXOM. Estas suxerencias foron aprobadas, primeiramente no seo do Consello Sectorial de xeito maioritario en asemblea do 12 de Novembro do 2009, remitidas ao equipo redactor e posteriormente, de xeito unánime, aprobadas en Pleno Municipal do Concello de Nigrán."
Os colectivos lembran ao actual Alcalde que cando estaba na oposición, el mesmo pedía, de xeito reiterado, máis reunións e máis información do Consello Sectorial, durante a fase inicial de tramitación do PXOM, e o acusan de mudar de mudar o seu compromiso, así como de negar a información e tentar dividir e desvirtuar o fundamento do propio co que se creou o Consello.
Respecto da carreira "express" que mantén o alcalde de Nigrán para chegar á aprobación inicial do PXOM no seguinte pleno municipal os veciños o consideran demsiado precipitado ao non ter previamente reunido en sesións de traballo ao Consello Sectorial, e non ven con bos ollos o intento de aprobar o documento "sen o consenso necesario deste Organismo lexítimo que garanta un resultado satisfactorio para os cidadáns do Municipio."
Mentiras, manipulación e desprezo ao consello sectorial
O comunicado das entidades veciñais e asociacións critica duramente o procedemento seguido dende o goberno popular, para a tramitación do PXOM. "Non hai unha vontade do actual grupo de goberno de manter os seus compromisos cara a dotar ao Consello Sectorial da información necesaria, actualizada e precisa para continuar co inxente labor levado a cabo polo Organismo que no seu día defendeu. Despreza o traballo levado a cabo no seo do Consello Sectorial e, así mesmo, as lexítimas peticións levadas a cabo pola maoría dos membros que a el pertencemos."
Os veciños non dubidan e acusar ao alcalde de mentir de xeito reiterado para xustificar antea a opinión pública una aparencia de diálogo, respeto e conciliación coas entidades, que na realidade non existe. E amnifestan estar molestos polas "pouco claras intencións" do goberno actual de "cara ao planeamento do futuro de Nigrán"
No tocante aos intentos de deslexitimar aos colectivos aseguran que todo é unha "mentira" e unha "manipulación por parte do alcalde", que pretende "identificalos con grupúsculos ao servizo de intereses partidistas" tratando así de manipular a clara transparencia coa que sempre actuaron e deslexitimar calquera proposta contraria ós seus intereses.
Os colectivos prepara as súas asambleas e amezan con mobilizacións
Os colectivos conclúen o seu comunicado cunha advertencia a Alberto Valverde, se non pega un golpe de timón na súa intención de seguir adiante co PXOM sen convocar previamente ao consello Sectorial.
Os distintos colectivos que firmaron o comunicado, realizarán nos próximos días Asembleas informativas nas distintas Parroquias do Nigrán a fin de informar da situación actual á que manifestan estar "sometidos" polo acltual goberno municipal. A intención destas asambleas é a de informar e sensilibizar á cidadanía "cara a este grave problema e as súas posibles consecuencias no benestar da veciñanza en xeral".
Por último, os colectivos acordan determinar dende o seo das asambleas de cada parroquia, as medidas e accións a levar a cabo de xeito conxunto, entre elas, non descartan unha manifestación en data anteriores ao pleno onde se pretender levar a cabo a aprobación inicial do PXOM de Nigrán.