Sábado, 14 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE califica de "infantil" o enfrontamento de Valverde có PXOM e mantén a súa negativa á autovía do Plan Move

O PSOE califica de "infantil" o enfrontamento de Valverde có PXOM e mantén a súa negativa á autovía do Plan Move

Correo-e Imprimir PDF
O PSOE fixo publico todo o documento do PXOM de Nigrán na súa páxina web
Download this file (Acta Nigrán 29.07.2010.pdf)
Access this URL (http://bit.ly/KfvWXt)
Access this URL (http://dl.dropbox.com/u/22058539/VIGO-INTEGRA/nota_alegaciones_vial_vigo%20Integra_PP_nigran.pdf)
Access this URL (http://dl.dropbox.com/u/22058539/VIGO-INTEGRA/alegacions_psoe_vigo_integra.pdf)
Access this URL (http://dl.dropbox.com/u/22058539/PXOM/informes/informe_previo.zip)
Access this URL (http://dl.dropbox.com/u/22058539/PXOM/informes/Informe%20Augas.zip)
Access this URL (http://dl.dropbox.com/u/22058539/PXOM/informes/Informe%20Costas.zip)
Access this URL (http://dl.dropbox.com/u/22058539/PXOM/informes/Informe%20Territorio.zip)
  • Anterior
  • 1 of 16
  • Seguinte
Os socilistas responden ás ameazas relizadas polo alcalde de Nigrán, que asegurou ter un plano urbanístico que poñen en evidencia as críticas dos socialistas ao PXOM. Juan González tachou de "infantil" o enfrontamento que mantén o alcalde popular có grupo Socialista.
 A polémica está servida. O cruce de acusacións parece non ter fin nesta carreira para acadar a aprobación inicial do documento urbanístico.
As críticas verquidas onte dende o goberno de Nigrán, asegurando obrar no seu poder un documento urbanístico da anterior etapa de Efrén Juanes, que poría en serios aprietos aos socialistas xa que sinalaría que os problemas de crecemento urbanístico e o vial serían algo herdado do mandato socialista.
 
Alberto Valverde manifesto estar disposto a ensirnar ese documento nas reunións que manterá coas asociacións de veciños de Nigrán para xustificar que o 90% da redacción do PXOM corresponde ao mandato socialista, e xa tería previstos determinados chans e o trazado da autovía de Saiáns - Porto do Molle, incluído no proxecto do Vigo  Íntegra de 2008 presentado polo bipartito da Xunta de Galicia, e recollido pola actual Xunta de Galicia no que pretender ser o Plan Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica, máis coñecido como Plan Move.
 
O portavoz do socialistas e ex-concellal de urbanismo,  tachou de "deplorable" e "infantil" a actitude do alcalde de Nigrán e asegurou que só "busca o enfrontamento político" deixando atrás as responsabilidades de goberno para sacar adiante un PXOM "dende a transparencia e o consenso cos cidadáns".
"A ameaza de levar ás parroquias un suposto plano, absoluta e totalmente extraoficial, que o Alcalde di atopou nun caixón, non é mais que unha estratexia para dispersar a atención da cidadanía. Ese suposto plano,  non foi nin é coñecido polo Goberno anterior nin polo actual grupo Socialista e si se trata dalgunha proposta de traballo do equipo redactor nunca, e en ningún momento foi nin visto nin validado nin por técnicos municipais nin, por suposto, por políticos do goberno" asegura González; que engade que o "alcalde tenta xustificar os problemas que ten o documento, sinalando de xeito infantil  ao PSOE co aorgumento de "y ellos también" ", algo que considera inaceptable despois de que o alcalde negase a urbanización de Monteferro ou Monte Lourido, e agora a recoñecese públicamente ao tempo que culpaba da decisión ao PSOE.
 
González aclara que a toma de decisións "só competen a Alberto Valverde" como goberno e non á oposición á que nin tan sequera lle permitiron o acceso á información de xeito libre.
 
A autovía urbana de Saiáns - Porto do Molle - Xunqueira. 
O outro cruce de acusacións se centra no polémico vial que foi rexeitado por ambos partidos no ano 2008 cando a Xunta do bipartito e en concreto a área de socialista Maria Xosé Caride, sacou adiante a proposta do polémico Plan Vigo Integra, que creou un forte rexeitamento no Val Miñor dado o impacto social, económico e paixaxístico que supuña ás familias afectadas.
O citado plan foi recollido posteriormente pola actual Xunta gobernada polos populares e renomeado como o Plan Move, un documento en fase previa de redacción, pero polo que xa se están executando obras de xeito parcial como o polémico carril bici da estrada pola vía.
No caso de Nigrán, o vial de 4 carrís atravesaría os barrios de Condominguez,  O Pombal, a Nogueira, A Barreira, Ceán, Lagoiña para rematar en Porto do Molle. No novo documento do PXOM publicado na web do PSOE de Nigrán se pode observar que o vial continuaría dende Porto do Molle, San Pedro, Vilariño ata rematar na estrada á Gondomar.
Dende o concello se asegurou que o trazado marcado no PXOM era un trazado provisional esixido pola Xunta de Galicia, máis os informes publicados pola oposición revelan que o goberno municipal deberá facer o trazado definitivo desta autovía, pese a que conta cun forte rexeitamento dos colectivos que formaron o Consello Sectorial, que vincularon o trazado deste vial a un estudio previo de mobilidade que xustificase esta infraestructura.
Ambos partidos, PSOE e PP, apoiaron dita premisa no pleno extraordinario do 29 de xullo de 2010, así como outros puntos que foron aportados das conclusións do traballo do Consello Sectorial, que previamente levaron o visto bó do equipo redactor. PP e PSOE condicionaron o trazado deste vial, a un estudio previo de mobilidade que puxese sobre a mesa todos os problemas de desprazamento e mobilidade do concello.
O PSOE reafirma a súa negativa ao vial de alta capacidade.
González deixou claro a negativa do seu partido ao trazado dese vial. "Ese vial partirá a Nigrán en dous, sen achegar ningunha solución de transporte para os veciños" e acusou aos Populares de dobregarse ante o goberno da Xunta do PP, cando no 2008 presentaron alegacións ao vial argumentando esta mesma premisa.