Un centenar de afectados polo vial denominado Balsa-Saiáns-Porto do Molle, reuníuse o pasado martes en Nigrán para avaliar o grao de afección desta infraestructura que aparece delimitada cunha reserva de solo no documento do PXOM que foi aprobado inicialmente.
Piden o uso da autoestrada infrautilizada AG57 como alternativa á construcción deste novo vial, ou á á busqueda de alternativas e melloras do transporte público existente.
Segundo os afectados, a necesidade deste vial de alta capacidade non queda xustificada no documento do PXOM. Sinalan que non existe un estudio de mobilidade que xustifique a necesidade deste vial, que analice outras alternativas de transporte ou mesmo un plan sectorial supramunicipal que o conteña.
"A pesar de que o alcalde informou en numerosas ocasións de que se trataba dunha imposición da Xunta de Galicia, o certo é que a nivel autonómico non existe ningún documento que obrigue a incluílo no PXOM polo que o goberno municipal é o único responsable desta decisión someténdose ós desexos do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. O propio Alberto Valverde, cando estaba na oposición criticou duramente este vial e mesmo presentou alegacións contra o mesmo."
O vial afecta de modo directo a unhas 28 vivendas en todo o seu percorrido.
A execución prevista deste vial pola vía da expropiación, afecta a un significativo número de vivendas, empresas e outras edificacións que terán que ser expropiadas para poder construir esta infraestructura. Noutros casos, un elevado número de vivendas e parcelas quedarán baixo a zona de afección (30 m a cada lado da calzada) en solo de protección de infraestructuras o que supón unha importante perda de valor e a imposibilidade de calquera desenvolvemento urbanístico. "O alcalde de Nigrán mentíu ós veciños en numerosas ocasións ó afirmar que estableceran a condición de que non afectará a ningunha casa."
O trazado do vial percorre zonas densamente poboadas o que provocará un incremento dos ruidos por tráfico e a fractura de solos de núcleo rural. O concello plantexa este vial de alta capacidade como a principal vía de comunicación para o tráfico pesado que puidera xerar o parque empresarial de Porto do Molle, deixando de lado o aproveitamento da autoestrada AG-57 que na actualidade conecta todo o entramado industrial e eloxístico da área metropolitana de Vigo e do resto do estado.
"Se a isto sumamos o feito de que o vial non ten continuidade nos concellos limítrofes (Baiona e Vigo) conclúese que este vial debe ser eliminado do documento do PXOM e deberíase esixir o uso libre de peaxe da autoestrada AG-57, unha auopista que perdeu un importante tráfico e que constitúe unha verdadeira circunvalación do concello de Nigrán, de interconexión cos outros concellos do Val miñor e co resto da área metropolitana de Vigo, tal e como apuntaba a alegación de Alberto Valverde cando estaba na oposición."
Os afectados polo vial acordaron contratar asesoramento xurídico para presentar as pertinentes alegacións e non descartan exercer outras medidas de presión coa finalidade de informar á cidadanía desta desfeita sin sentido.