A asociación de veciños Dunas de Nigrán convoca para este domingo ás 12h no colexio Humberto Juanes de Vilameán, unha asamblea aberta para informar sobre o futuro do Plan Xeral.
A asamblea contará coa participación dun avogado urbanístico, que explicará o documento e resolverá as dúbidas dos veciños, logo de que o alcalde pechara á vía da participación cidadá.
Os veciños que acudan á asamblea poderan consultar os planos do PXOM, pese a que o documento non é o oficial, dado que ainda non foi facilitado polo goberno municipal e se descoñecen tamén as modificacións sufridas para axustarse aos informes sectoriais da Xunta de Galicia e que o goberno tenta apurar para a súa aprobación incial.
O resto de asociacións que forman parte do Consello Sectorial e que escenificaron a súa protesta pola ruptura da participación veciñal, manifestaron onte a súa intención de convocar tamén as súas respectivas asambleas informativas nas parroquias para dar conta da situación e coller o testigo informativo do documento aos veciños e veciñas de Nigrán.