Sábado, 2 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os documentos do PXOM de Nigrán terán publicidade despois da súa presentación oficial cara ao Pleno.

Os documentos do PXOM de Nigrán terán publicidade despois da súa presentación oficial cara ao Pleno.

Correo-e Imprimir PDF
ponte-romana

Os documentos do PXOM de Nigrán non serán dados a coñecer de forma pública ata despois da súa presentación oficial no Concello, cara a súa aprobación inicial no Pleno. Así o adiantaron esta tarde fontes do goberno municipal, sinalando que unha publicación oficial previa por parte da administración contravén as normas que rexen a tramitación deste tipo de expedientes. Nembargante, o alcalde Alberto Valverde anunciou unha próxima rolda informativa con tódolos interesados, grupos políticos e veciñanza, cara a brindar un balance das negociacións coa Xunta de Galicia e a actual situación do expediente.

 

Primeira rolda informativa

Nese senso, o vindeiro xoves 3 de maio, o equipo municipal reunirase coas autoridades do goberno autonómico co fin de buscar un achegamento de posicións sobre algunhas das pegas formuladas ao proxecto por parte dos técnicos da Xunta. Nomeadamente, as diferenzas entre as predicións de crecemento demográfico previstas por Nigrán, e que foran modificadas á baixa polos técnicos da Xunta de Galicia.

Logo da xuntanza, Valverde brindará un informe co balance das mesmas en distintas reunións a manter cos grupos políticos, as asociacións de veciños e o Consello Sectorial.

Segunda rolda cos documentos do PXOM á vista.

Ase mesmo, Valverde manifestou esta tarde, que unha vez se tiña modificado o documento coas esixencias da Xunta, co visto e prace dos técnicos municipais e presentado para a súa aprobación inicial no Concello, "iniciaremos una nueva ronda de presentaciones en las que se mostrará el documento completo y definitivo, tal y como se llevará a pleno para su aprobación inicial".

Transparencia

"Ni hemos hecho ni haremos nada sin dar previamente la información necesaria" observou o rexedor, quen afirma que sempre "ha dado cuentas de la situación del documento a todas las partes implicadas en su tramitación."

Fixación da axenda de xuntanzas

"Este programa de reuniones será plasmado cronológicamente en los próximos días, tras coordinar las agendas de todos los implicados en dichas reuniones, y tras conocer también el resultado de la reunión con la Xunta de Galicia prevista para el próximo jueves", sinalou o rexedor de Nigrán.