O concello de Nigrán ven de celebrar a comisión de urbanismo polo que da o visto bo para aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
O PSOE solicitou sen éxito a corrección da cartografía se actualizar do plan, a delimintación das parcelas para que os propietarios podan ubicar as súas propiedades, a retirada da autovía Saiáns - Porto do Molle e a retirada do porto deportivo en Panxón. Por outra banda pediu máis tempo para a revisión do documento; solicitudes que foron rexeitadas polo alcalde Alberto Valverde e o resto de membros do goberno municipal.
O BNG pola súa banda, argumentou o súa negativa de apoio na comisión, por non ter tempo a revisar o documento, e en último caso condicionaba o apoio do seu partido segundo a decisión do goberno de apoiar ou non as propostas presentadas polos socialistas, que finalmente foron rexeitadas.
Nigrán levará á súa aprobación inicial o documento que sentará as bases do futuro urbanístico e económico de Nigrán para os próximos 20 anos. Así se desprende logo de superar o trámite de aprobación na comisión de urbanismo do concello de Nigrán celebrada esta mañá e que contou só cos votos favorables do Partido Popular e os votos en contra do PSOE e BNG (UCN non conta con representación no citado órgano).
Os memebros do goberno municipal recoñecen erros na cartografia do plan que se levará a aprobación inicial, pero pospoñen ditas modificacións ao período de alegacións posterio á aprobación, malia ditas alegaciósn só permitirán a modificación do documento nun 5% do plantexamento actual. Os grupos da oposición tamén sinalan enganos "velados" nas delimitacións das zonas urbanizables, xa que moitos propietarios contan con menos metros de parcela dos requeridos par a edificación nesas zonas, o que en palabras dos socialistas "supón un burdo engano" á xente que apenas ten coñecementos técnicos sobre o tema.
Os afectados do vial Saiáns - Porto do Molle - Ramallosa
O vial Saiáns - Porto do Molle - Ramallosa, quedará reflexado no documento de inicio, coa máxima afección posible en previsión de que o proxecto do vial poida acada a categoría de autovía de catro carrís. O alcalde insistiu durante as charlas informativas que o vial era "só unha reserva de suelo" para un "futurible vial" que non se sabía cales ían ser as súas característas. E asegurou que non afectaría a ningunha casa, pese a recoñecer que había erros na cartografía do plan e moitas casas non figuran sinaladas no mesmo.
A afección do controvertido vial suporá importantes perdas económicas para os preopietarios que verán blindadas as súas propiedades mentres a Xunta non decida que facer co trazado.
Memebros do consello sectorial
Os membros do consello sectorial reuniranse novamente en Camos para por en común os erros atopados en cada parroquia e tomar unha decisión sobre a situación actual.