Martes, 15 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O concello de Nigrán inicia a presentación do PXOM lonxe dos colectivos veciñais

O concello de Nigrán inicia a presentación do PXOM lonxe dos colectivos veciñais

Correo-e Imprimir PDF
Entrega do anterior borrador aos colectivos veciñais

A rolda de presentacións "express" polas parroquias inicia a súa turné este luns na parroquia de Parada ás seis da tarde.

As presentacións do goberno municipal fuxen do paraugas das asociacións de veciños e serán presentados noutras instalacións sen que medie convite entre goberno e os colectivos que forman parte do Consello Sectorial, que oficialmente non foron chamados a participar.

 

Así comeza a carreira express iniciada o pasado xoves polo goberno de Nigrán para aprobar en 15 días un documento urbanístico que requeriu de dúas lexislaturas e media para a súa redacción.

Algúns colectivos do consello sectorial xa amosaron o seu descontento logo de que o concello presente agora un documento que contén numerosos cambios importantes respecto do borrador anterior entregado aos colectivos do consello sectorial.

Parada e Camos coñecerán o PXOM este luns

O calendario de actos da turné municipal para presentar o PXOM comeza este luns en Parada, no local da comunidade Montes ás 18horas. seguido da presentación na parroquia de Camos no Centro Cultural A Camoesa ás 21,00h

O martes será o turno de Nigrán, no C.E.I.P. Humberto Juanes: 18.00h e segudio en Priegue no Auditorio do Centro Cultural O Torreiro ás 20.00h. O mércores presentarase en Panxón no C.P.I. Panxón ás 18.30h  e seguidamente en Chendebrito que será presentado no Colegio Estudio ás 20.30h. O xoves rematará a turné no  C.E.I.P. Mallón ás 19,00h