Domingo, 6 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN solicita ao alcalde de Nigrán que faga público os informes do PXOM emitidos polos técnicos municipais

UCN solicita ao alcalde de Nigrán que faga público os informes do PXOM emitidos polos técnicos municipais

Correo-e Imprimir PDF
Os informes da Xunta esixiron recortar o modelo de crecemendo plantexado polo goberno popular

 

Segundo un comunicado, Unión Centrista de Nigrán/Centro Democrático Liberal (UCN-CDL), a través do seu portavoz Antonio Fernández Comesaña, esixiu novamente ao alcalde Alberto Valverde, que entregue sen máis dilación copia dos informes emitidos polos técnicos municipais, en relación co documento da PXOM presentado para a súa aprobación inicial o pasado mes de setembro de 2012 e que o alcalde se nega a entregar, a pesar de comprometerse no pleno do pasado mes de novembro.

Fernández asegura non entender a negativa do alcalde a que os grupos políticos dispoñan dos informes (técnico, xurídico e económico), emitidos hai meses polos técnicos municipais, a pesar das reiteradas peticións formuladas por escrito, e mesmo, mediante pregunta do grupo na sesión plenaria o pasado mes de novembro, e que segundo afirman "o propio alcalde comprometeuse a entregar en breve, sen que até a data cumprise co seu compromiso asumido ante o pleno da Corporación, polo que sospeitamos, deben ser informes moi comprometedores co estado actual do documento presentado polo equipo redactor". Fernández manifesta que de ser así as sospeitas, o alcalde estaría obrigado a informar canto antes da grave situación da PXOM e se foi devolto ou non á empresa redactora Arnaiz-Tinsa, para a súa rectificación.

Fernández Comesaña, cualifica de extrema gravidade o escurantismo que está a levar a cabo o Partido Popular nesta fase de tramitación da PXOM, unha actitude absurda e infantil, que en nada contribúe para conseguir un documento da PXOM de consenso, polo que supón unha falta de respeto e desprezo cara aos membros da Corporación.

"É sospeitoso que o alcalde estea protexendo coa súa actitude a un equipo redactor, seriamente cuestionado, non só polo demoledor informe da Xunta, senón tamén, agora supostamente polos técnicos municipais, en lugar de esixir responsabilidades polo incumprimento do contrato (36 meses de atraso sobre os 18 previstos), pouco rigor, inviabilidade técnica e económica do documento, e aínda por riba, a utilización dunha cartografía antiga e completamente desfasada, que non recolle a realidade urbanística do municipio, converténdose o alcalde en cómplice dun previsible fracaso da PXOM, que lamentablemente, de producirse, o tempo viríanos a dar a razón."