O alcalde de Nigrán podería citar a pleno extraordinario a próxima semana para substituíra á empresa redactora do PXOM. A idea barallouse na comisión de portavoces reunida este luns en Nigrán tras un informe do alcalde na que volveu insistir na necesidade de aprobar unha cesión do contrato e así substituír á empresa en quebra UTE Arnaiz-Tinsa, SL, actual titular da redacción do PXOM. Segundo o edil Antonio Fernández Comesaña (UCN), a cesión do contrato é un "parche" que non soluciona as deficiencias do documento. Engade que "o PXOM vai para largo" e hai conversacións para levantar a suspensión de licenzas urbanísticas que afecta o concello trala aprobación inicial do plan urbanístico, en xuño do ano pasado.
Segundo o edil, na reunión de portavoces municipais o alcalde Alberto Valverde "simplemente se limitou a informar por encima, da posibilidade de ceder el contrato a un terceiro, pero sen aportar documentación ni informe algún dos técnicos municipais onde poda sustentarse tal pretensión e coñecer o seu alcance legal". Unha cesión que a nova empresa debería asumir cun orzamento que non supera os 90 mil euros, "menor do que pensábamos", sinala Fernández. O concelleiro é partidario de rachar con documento e iniciar unha nova tramitación con orzamentos complementarios e cunha empresa que dea garantías dun traballo solvente.
A todo isto, é segundo declaracións de Fernández unha vez rematada a reunión, o alcalde comprometeuse a achegar este martes os informes ao resto das agrupación. Co xeito de convocar á comisión de urbanismo o vindeiro venres e de estar "todo listo", celebrar un pleno extraordinario a próxima semana, a poder ser.