Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Colectivos veciñais e oposición amosan os seus desacordos co PXOM e convocan unha concentración

Colectivos veciñais e oposición amosan os seus desacordos co PXOM e convocan unha concentración

Correo-e Imprimir PDF
Monteferro

Colectivos veciñais, asociacións e partidos que forman parte do consello sectorial do PXOM de Nigrán expresan os seus motivos de oposición ao documento urbanístico.

Convocan a toda a veciñanza a unha concentración de protesta e informativa este xoves 13 ás 20:30 diante do concello, día anterior ao pleno que levarará adiante a aprobación inicial do PXOM.

O documento prevé a creación dun novo imposto municipal específico para poder desarrollar o documento.

A A.VV. "A Camoesa" de Camos, a A.VV. "Monteferro" de Panxón, a A.VV. "O Castro de Chandebrito, a A.VV. "Dunas" de Nigrán, a A.VV. "A Irmandade" de Priegue, a Comunidade de Montes en Man Común de Chandebrito, a Sociedade Deportiva "Bolos do Ceán" de Nigrán, o Instituto de Estudos Miñoranos, a Plataforma Cidadá do Val Miñor "Nunca Máis", a Asoc. de Defensa do Medio Ambiente "Salvemos Monteferro", Confraría de Pescadores "A Anunciada”, o PSOE de Nigrán, o BNG de Nigrán e EU de Nigrán emitiron hoxe un comunicado no que pretenden por de manifesto os motivos polos que se opoñen á tramitación inicial do documento urbanístico.

 

Manifestan o seu desacordo polo procedemento adoptado polo equipo de goberno na tramitación do PXOM para a súa aprobación incicial.  Os colectivos fan un relatorio de puntos nos que, segundo apuntan, o alcalde incurriu en contradicións e "mentiu" con finalidade de confundir e contentar aos asistentes.

Sinalan que o documento non conta coas garantías legais dos informes técnicos, onde mesmo o informe do interventor desaconsella levar o documento ao pleno. Noutro punto sinalan a creación dun novo imposto para poder afrontar o gasto do desenvolvemento do plan.

Por estes feitos convocaron aos veciños e veciñas de Nigrán a unha concentración de protesta diante do Concello de Nigrán este xoves 13 de xuño ás 20:30h e sinalan a importancia de que os veciños tamén acudan este venres ás 10 da mañá, ao pleno extraordinario onde a corporación municipal pretender dar o visto bó ao documento urbanístico.

Ver comunicado íntegro dos colectivos.