AA.VV. "A Camoesa" de Camos, a A.VV. "Monteferro" de Panxón, a A.VV. "O Castro de Chandebrito, a A.VV. "Dunas" de Nigrán, a A.VV. "A Irmandade" de Priegue, a Comunidade de Montes en Man Común de Chandebrito, a Sociedade Deportiva "Bolos do Ceán" de Nigrán, o Instituto de Estudos Miñoranos, a Plataforma Cidadá do Val Miñor "Nunca Máis", a Asoc. de Defensa do Medio Ambiente "Salvemos Monteferro", Confraría de Pescadores "A Anunciada”, o PSOE de Nigrán, o BNG de Nigrán e EU de Nigrán.
As entidades veciñais arriba citadas queremos informar aos veciños e veciñas de Nigrán da opinión que nos merecen as reunións sobre o PXOM realizadas polo Grupo de Goberno polas Parroquias.
1º O formato utilizado polo Grupo de Goberno para as reunións por Parroquias non foi, evidentemente, o adecuado para falar dos contidos dun documento tan denso como é este do PXOM porque:
- En reunións tan curtas como as realizadas, o señor Alcalde foi quen ocupou a maior parte do tempo e deixou pouco lugar a que os veciños expresasen as súas dúbidas;foron unha posta en escena máis propiade períodos preelectorais que dunha asemblea informativa que era o que se supoñía ía facer.
- O señor Alcalde, quefoi o encargado de facera exposición, deixou patente a súafalta de coñecemento práctico e técnico do Plan ante as preguntas formuladas polos asistentes nas diferentes Parroquias, aos que intentou confundir constantemente con futuras promesas de ver colmadas as súas reticencias actuais no período de alegacións anterior á aprobación definitiva do futuro Plan Xeral para o municipio.
- A improvisación foi a norma seguida polo Alcalde á hora de contestar as preguntas dos veciños.
- Incorreu en numerosas contradicións ao intentar contentar aos poucos veciños aos que deu tempo a expoñer as súas dúbidas.
- Nomeou reiteradamente ao Consello Sectorial nas súas exposicións, tratando de dar veracidade ás medias verdades e rotundas mentiras coas que intentou regalar o oído aos interlocutores.
- Esa transparencia da que pretendeu facer gala nas reunións, contrasta claramente cos seguintes feitos:
- A entrega da documentaciónaos membros do Consello Sectorial fíxose xa iniciado o período de presentación polas Parroquias, co cal non houbo tempo material a facer un estudo pormenorizado deste e que servise para enriquecer as reunións que organizou o Alcalde.
- Son reiteradas as ocasións nas que se lle solicitou convocase previamente ao Consello Sectorial coa fin de informar das actualizacións que seían integrando no Documento do PXOM facendo caso omiso.
- Non se contou coas Entidades Veciñais das Parroquias na organización destas charlas.
- Os medios técnicos usados coa fin de facer máis lexibles as explicacións foron moi pobres, non pasando dunhas fotocopias dos núcleos poboacionais de Nigrán en formato reducido.
- A posibilidade de descargar da páxina web do Concello o documento viuse obstruída desde oprimeiro día por causa, di o Alcalde, da cantidade de internautas que fixeron uso desta.
2º Coa ignorancia, demagoxia e as continuas contradicións nas que incorreu nas súas explicacións, o señor Valverde, xunto ao seu equipo de goberno, deixou ás claras que a súa dedicación ao público está lonxe de ser algo vocacional ao servizo do pobo e nesta farsa que organizou polas Parroquias de Nigrán, ademais da súa gheta (cara dura), deixou clara a súa intención de pasar un mero trámite coa fin de saír airoso na prensa e auto-proclamándose como o mellor defensor dos intereses veciñais, tratando de ridiculizar e poñer en entredito as intencións de quen se opón a este “o seu proxecto”.
As mentiras do Alcalde:
- O Alcalde minte cando di que o vialXunqueira - Saiánsproxectadoésóunha reserva de solo, poisestádefinido no propio PXOM como un vial de alta capacidade de ata catro carrís, que dividiráNigránen dúas metades.Defende o Alcaldeagora este vial cando, sendo oposición,rexeitouno de plano presentandomesmoalegacións.
- E minte, tamén, o señor Alcalde cando di que o vial non vai afectar as casas, cando do trazado resulta evidente todo o contrario.
- O Alcalde di que se incrementa o soloedificable no Rural: a realidadeéque os núcleos rurais sinaladosxa estánna práctica urbanizadossen posibilidade de ampliacióndebido aos elevadísimos coeficientes de consolidaciónexistentes; e taménos inclúe en Polígonos, PERI´s, SUD e SUND irrealizables na práctica, o que vai supoñer que os actuais propietarios teñan que pagar como urbanizable un terreo no que sóvan poder botar patacas.
- O Alcalde di que se lle brindaron ao Consello Sectorial todas as posibilidades de coñecer o Plan con suficiente tempo de antelación; a realidade é que quere aprobar o Documento unha semana despois de dalo a coñecer.
- Propón zonas de afección consideradas no Plan de Ordenacióndo Litoral en lugares eminentemente rurais de Nigrán, Chandebrito e San Román,en Priegue.
- Di o Alcalde que no período de alegacións poderase dar satisfacción a todas aquelas propostas que fagan os veciños do municipio; a realidade é que na práctica non se aceptarán suxestións, só se poderán modificar erros que estean amparados xurídicamente.
- O Alcalde recoñece que a cartografíana na que se basea o PXOM non está actualizada.
- O Alcalde di que os informes técnicos municipais permiten seguir adiante coa tramitación do Plan, cando os informes técnicos emitidos dende o propio Concello, interventor e enxeñeira municipal, din todo o contrario. O señor interventor, ademais de indicar que necesitaría máis tempo, afirma: “Coa finalidade de acreditar e garantir obxectiva, documental e plenamente a viabilidade económicae financeira do PXOM de Nigrán, e por seguridade xurídica (urbanistica, económica, orzamentaria, contable, tributaria, patrimonial e financeira) tanto o "Documento VI. Estratexia de actuacióne estudo económico" como a "Memoria de sostibilidade económica" incluída no "Documento I-B. Memoria xustificativa" do PXOM deberían ser reelaborados na súa práctica totalidade para adaptalos plenamente á Lei e ao Dereito antes de someter o PXOM ao Concello Pleno para a súa aprobación inicial”.
- A aprobación do Plan Xeral implica a creación dun novo imposto para cubrir o 30% do gasto da súa execución.
- O alcalde afirma que as entidades veciñais pertencentes ao Consello Sectorial do PXOM temos o documento dende outubro do ano pasado, amén das modificacións que aparecen no avance actual. Xa daquela presentamos unha morea de propostas ao respecto que non foron contempladas nesta última actualización do Plan; moi ao contrario, aínda empeoraron varios aspectos sobre os que se fixeran suxestións.
Por todo isto:
- Convocamos aos veciñ@sde Nigrána unha concentraciónante o Concello para este xoves, día13,ás20:30 h.
- Informamos e reiteramosa importancia de que os cidadánsdo municipio asistano venres,ás10,00 horas, a estePleno, en especial, pola incidenciaque ten o tema do PXOM para o benestar presente e futuro dos habitantes de Nigrán.