Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Efrén Juanes presentará querela criminal contra o portavoz da UCN-CDL Antonio Fernández Comesaña.

Efrén Juanes presentará querela criminal contra o portavoz da UCN-CDL Antonio Fernández Comesaña.

Correo-e Imprimir PDF
Efrn-Juanes

O ex alcalde socialista de Nigrán, Efrén Juanes, anunciou a presentación dunha querela criminal contra o portavoz da Unión Centrista de Nigrán (UCN - CDL), Antonio Fernández Comesaña, por "desprestixiar á súa familia", ao asegurar que ten intereses urbanísticos relacionados co desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal. "Pensa o ladrón que todos son da súa condición", ironizou Juanes nun comunicado público emitido esta tarde en contestación ás acusacións de Fernández Comesaña.

 

En declaración aos medios de prensa, o concelleiro de UCN-CDL declaro a pasada semana que considera cos socialistas "callan" respecto ao PERI proxectado xunto ao colexio Humberto Juanes, porque "allí vive y tiene intereses urbanísticos la familia del exalcalde Efrén Juanes y porque se proyectan edificios de cuatro alturas, cuando en el resto del municipio solo se permiten dos".

Juanes desmentiu "calquera mínimo trato de favor" á súa familia no PXOM que o actual goberno presidido polo popular Alberto Valverde, remitiu á Xunta de Galicia.

Segundo Juanes, o documento urbanístico sobre o que traballou o PSOE, con apoio do Consello Sectorial e entidades veciñais foi "ninguneado e modificado polo Partido popular voltando a modelos de crecemento de Nigrán claramente rexeitado polos socialistas".