Martes, 3 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O pleno de Nigrán prorroga un mes máis o período de exposición pública do PXOM

O pleno de Nigrán prorroga un mes máis o período de exposición pública do PXOM

Correo-e Imprimir PDF
Cartel informativo no Concello

A corporación municipal decidiu no pleno de hoxe prorrogar nun mes máis o período de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Así, o documento de ordenación urbanística seguirá exposto no Salón de Plenos municipal até o próximo 3 de outubro, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

A iniciativa foi presentada polo BNG e apoiada por unanimidade da corporación. Os nacionalistas pretendían así evitar que o período para efectuar alegacións ao documento quedara restrinxido aos meses de xullo e agosto, en pleno período vacacións, conseguindo amplialo tamén a setembro. Deste xeito obtívose a posibilidade de beneficiar " a realización de consultas e, de ser o caso, a presentación de alegacións por parte dos veciños", asegurou o portavoz do BNG-Nigrán, Xavier Rodríguez.

Pola súa banda, o rexedor municipal Alberto Valverde, sinalou que os técnicos municipais están a disposición "de todos os veciños para calquera dúbida, consulta ou asesoramento relativo ao documento, de luns a venres nas dependencias municipais, e serán atendidos sen cita previa".