Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O PP carga 4.352 euros de gastos xudiciais á Mancomunidade do Val Miñor, logo de perder o xuízo por impedir a entrada de dous concelleiros ao pleno.

O PP carga 4.352 euros de gastos xudiciais á Mancomunidade do Val Miñor, logo de perder o xuízo por impedir a entrada de dous concelleiros ao pleno.

Correo-e Imprimir PDF
O PP leva carga os gastos de avogado ás contas da Mancomunidade
A concelleira do PSOE de Nigrán, Dolores Araújo
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O PP leva ao pleno da mancomunidade o pago dunha factura de 3300 euros da defensa xurídica polo contencioso perdido contra a concelleira do PSOE de Nigrán , Loli Araújo, que denunciou a vulneración dos seus dereitos logo de que o presidente de quenda lles denegase o acceso ao pleno do que formaba parte.

O importe final do gasto xerado pola decisión do alcalde Nigrán supuxo para as arcas públicas un gasto total de 4.352,27€, sumando gastos de avogado, procurador e a condena de 400€ de costas xudiciais ditados na sentenza.


Os feitos tiveron como consecuencia a anulación dos acordos do pleno, entre eles os orzamentos do ente supramunicipal.

Os feitos.

O martes 30 de abril de 2013 a policía de local Nigrán e Baiona, en medio dunha protesta dos afectados pola "estafa da preferentes de NovaGaliciaBanco", impedían o acceso de dous concelleiros representantes de Nigrán ao pleno da mancomunidade do Val Miñor onde se pretendían aprobar os orzamentos da entidade que ascendían a 548.507 euros.

Momentos antes do inicio da sesión, os concelleiros de Nigrán Loli Araújo (PSOE-Nigrán) e Xabier Rodríguez (BNG-Nigrán) tentaban identificarse ante o dispositivo de seguridade co fin de ingresar á sesión. Os edís amosaron a acta da convocatoria e os seus respectivos DNIs. Nembargante, e segundo testemuño probado de ambos os dous concelleiros, os policías locais de Baiona en primeiro termo e os de Nigrán en segundo termo, afirmaron non coñecelos e impedíronlles o ingreso negándose a identificalos coa documentación que portaban.

Motivo polo que o PSOE de Nigrán impugnou a sesión plenaria dada a gravidade dos feitos e ante actitude "chulesca" da policía local de Baiona e Nigrán que se limitaron a preguntarse entre eles: - "¿A ti te suena ésta?. Dice que es concejala de Nigrán" preguntando a un policía local de Nigrán - "No, yo no la conozco. A mi no me suena de nada" repondía o policía de Nigrán -. "A mi tampoco. No puede pasar." mentres a concelleira tentaba identificarse ante a policía co seu DNI e coa convocatoria do pleno que, e segundo o seu testemuño, negáronse a comprobar pese a requirirllo en varias ocasións.

A impugnación realizada entón polo PSOE en maio, foi rexeitada no mes xuño de 2013 polo presidente da Mancomunidade Alberto Valverde, que fixo de xuíz e parte na causa, resolvendo a desestimación da impugnación apoiado no informe da policía local de Baiona.

Loli Araújo (PSOE-Nigrán), unha das concelleiras ás que se lle negou o acceso levou esta resolución aos tribunais, e a xustiza fallou ao seu favor no que considerou por sentenza unha "vulneración dos dereitos fundamentais" e a omisión do deber de identificación por parte da policía local de Nigrán, encargada de filtrar o acceso e garantir a celebración do pleno.

A sentenza

Na súa sentenza, o xuíz aclaraba que o motivo da nulidade xiraba entorno a "la vulneración del derecho más elemental que asiste a los miembros del órgano colegiado: la asistencia". Lembra que a concelleira mostrou a súa documentación e a convocatoria do pleno -notificada ao seu nome- aos axentes da Policía Local que trataban de evitar o acceso dos manifestantes ao interior do edificio. A pesar diso, os efectivos impedíronlle a entrada, do mesmo xeito que lle ocorreu ao concelleiro do BNG de Nigrán, Xabier Rodríguez.

A titular do Xulgado do Contencioso advertiu que os axentes da Policía Local que impediron o acceso aos edís nigranenses "incumpriron unha das súas funcións máis básicas", posto que "ademais do labor de contención dos manifestantes" debían "asegurar a celebración da sesión da Xunta dá Mancomunidade" garantindo o acceso de todos os seus membros. Neste sentido sinala ademais que os propios axentes recoñeceron que "había un protocolo de identificación" mediante o cal se permitiu a entrada a outros concelleiros.

Con todo, xunto á "actuación material" dos policías, a xuíza destaca a "omisión" do entón presidente da Mancomunidade e alcalde de Nigrán, Alberto Valverde (PP) que "nada fixo" para ante a obstaculización do dereito de asistencia. "Era obrigación do presidente realizar as xestións oportunas para asegurar a posibilidade efectiva de acceso ou, no caso de que non se puidese garantir, non continuar coa sesión", recalcaba a sentenza.

Pese a que a decisión de non deixar acceder ao pleno da mancomunidade foi algo decidido de xeito persoal por parte do presidente de turno da Mancomunidade e alcalde de Nigrán Alberto Valverde (PP) logo das advertencias da situación por parte concelleira do BNG Ana Rodríguez (BNG), o PP levou como segundo e último punto da orde do día do pleno de hoxe a aprobación extraxudicial de crédito que inclúe a factura das costas de defensa xurídica por un importe de 3267€ IVE inc. en concepto de "Honorarios procedemento dereitos fundamentais 203/2013".