Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Concello de Gondomar porá un autobús para trasladar aos afectados polas preferentes á manifestación en Santiago.

O Concello de Gondomar porá un autobús para trasladar aos afectados polas preferentes á manifestación en Santiago.

Correo-e Imprimir PDF

A Plataforma Gondomar de afectados polas preferentes e subordinadas anuncia na súa páxina en Facebook, que o Concello "pagará" un autobús para que todos aqueles que quieran participar da manifestación en Santiago podan facelo de xeito gratuíto. A información ven incluída na convocatoria a participar en dito evento, que terá lugar o vindeiro sábado 2 de febreiro.

 A Plataforma sinala a importancia do acto e invita aos veciños da bisbarra a acompañalos :"se nos está esgotando o tempo para poder recuperar os nosos aforros", sinalan.