Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Unha concentración de preferentistas mantén pechada a oficina de NGB en Gondomar.

Unha concentración de preferentistas mantén pechada a oficina de NGB en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
18-06-2013-ngb-gondomar

Unha vintena de aforristas da Plataforma Gondomar están concentrados ás portas da oficina de Novagalicia Banco nunha mobilización de protesta tras quedar máis de 200 veciños da vila fóra dos arbitraxes de consumo. A medida impide ata de agora a apertura da oficina aínda que transcorre sen incidentes.

A mobilización comezou minutos antes do ingreso do persoal da oficina Gondomar de NGB, os que foron advertidos que non se lles permitiría o ingreso. Sobre as 9 horas efectivos da Garda Civil presentáronse ante os manifestantes ca fin de disuadirlles para que deixaran abrir a sucursal. Ante a negativa destes, os axentes procederon a identificar a cada un dos afectados. Segundo o conversado entre voceiros da plataforma e os axentes de seguridade os datos dos manifestantes serán trasladados á xustiza. De momento a concentración permanecerá á entrada do local, sen permitir o acceso dos funcionarios da entidade.