Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Os alcaldes populares da Provincia de Pontevedra conxúranse contra a violencia “dalgunhas persoas das plataformas de afectados” polas preferentes.

Os alcaldes populares da Provincia de Pontevedra conxúranse contra a violencia “dalgunhas persoas das plataformas de afectados” polas preferentes.

Correo-e Imprimir PDF
gondomar-alcaldes-preferent

- Os rexedores populares afirman que non foron eles nin o PP os crearon o problema das preferentes e sinalan aos directivos das caixas galegas ademais do PSOE e ao BNG como responsables.

-Rexeitan a avanzada das plataformas de afectados por "boicotear os plenos" e "impedir o normal funcionamento das administracións locais".

- Aseguran que son solidarios coas persoas afectadas e que están a defender o seus intereses "desde o minuto un".

O Partido Popular fixo coñecer na tardiña deste martes 26 de febreiro un comunicado público no que sinalan que os alcaldes populares da provincia de Pontevedra rexeitan e condenan os "incidentes rexistrados nalgúns concellos da provincia, así como os reiterados intentos, por parte dalgunhas persoas de plataformas de afectados, de boicotear plenos e de impedir o normal funcionamento das administracións locais".

Incidentes no Concello de Porriño (ViaRTV)

Dim lights Embed Embed this video on your site

O escrito, comeza sinalando que a declaración motívase nos acontecementos rexistrados no concello de Porriño e "a actitude de violencia crecente que algunhas persoas están empregando contra os rexedores locais e os membros do PP".

Matizan que manifestan a "súa máxima solidariedade e apoio ás persoas afectadas polas preferentes e o seu compromiso firme de defender os seus intereses onde sexa necesario, como veñen facendo desde o minuto un". Nembargante entenden que os feitos ocorridos nos últimos días "non axuda para nada a resolver o problema dos afectados polas preferentes e, ademais, impide que se atendan as demandas e necesidades dos veciños e veciñas de cada concello."

Rafael Louzán nega responsabilidade do PP no tema das preferentes

Dim lights Embed Embed this video on your site

Como xa o sostivera en Gondomar o seu presidente provincial, Rafael Louzán, os rexedores entenden que "nin nós nin o PP creamos o problema nin o consentimos. Os únicos responsables son os directivos das caixas que enganaron aos seus clientes e os que permitiron este engano: o PSOE (co apoio do BNG) no goberno central e como responsable dos órganos de control (Banco de España e CNV)".

Agregan que comprométense a seguir traballando "como ata o de agora para que todos aqueles que aínda seguen atrapados polas preferentes poidan recuperar o que é seu". Mais adiantan que non aceptarán ningún tipo de "coacción ou acción violenta nin que se trate de forzarnos a asinar documentos que están totalmente fóra da realidade", en alusión á carta de renuncia ao partido que as plataformas de afectados estanlles a presentar en tódolos concellos no que gobernan os populares, en caso de non resolverse satisfactoriamente o tema das preferentes e subordinadas que afectan aos aforristas.

Incidentes en Gondomar

Dim lights Embed Embed this video on your site

Os alcaldes populares rematan a nota coa promesa de seguir "instando á Xunta de Galicia a que manteña a vía da arbitraxe, co obxectivo de dar solución a todos e cada un dos afectados".