Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar As protestas dos preferentisas desaloxan tres días á semana aos funcionarios do Concello de Gondomar.

As protestas dos preferentisas desaloxan tres días á semana aos funcionarios do Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
bocinas-preferentes-gondoma

Luns, mércores e venres de 10 a 12 horas as oficinas da casa consistorial de Gondomar quedan baleiras. Agás o axente de quenda na policía local, o resto do persoal do Concello se retira das instalación. O motivo atópase nas protestas que con bocinas e pitadas desenvolven os membros da Plataforma Gondomar de Afectados polas Preferentes e Subordinadas.

Na mañá deste venres 7 de xuño o ritual reiterouse. Unha improvisada orquestra de camisetas negras comezou a executar a enxordecedor concerto, que segundo os preferentistas leva tres meses "en cartel". O ritual está instalado e as oficinas contan xa cun aviso a viandantes do devandito peche de atención ao público entre as 10 e as 12 horas.

Veciños de Gondomar protestan na casa consistorial baleira de funcionarios.

Dim lights Embed Embed this video on your site

A medida, segundo información da plataforma, é parte das mobilizacións que o colectivo leva adiante en procura da recuperación dos seus aforros convertidos en produtos financeiros lixo polas caixas galegas. Xunto coa ocupación da casa consistorial, as pitadas nos plenos da corporación, nas portas da oficina local de NGB e as manifestacións polas rúas da vila, a medida é defendida como un instrumento máis de presión ao gobernante Partido Popular para que instrumente unha solución política que resolva este problema que afecta a preto de 450 veciños do municipio por un valor estimado de 1 millón de euros.