Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Máis do 15% da poboación activa do Val Miñor está afectada pola falla de traballo.

Máis do 15% da poboación activa do Val Miñor está afectada pola falla de traballo.

Correo-e Imprimir PDF

 

oficina inem val minor-O desemprego fica nos 4.747 casos no Val Miñor por segundo mes consecutivo.

Mentres o rexistros oficiais do paro amosan co respecto ao pasado mes de abril unha caída do 0,37% en Galicia, e dun 0, 31% na provincia de Pontevedra, no conxunto do Val Miñor o número ficou nos mesmos 4.747 casos. Deles, 1.734 corresponden a Nigrán, 1.801 a Gondomar e 1.212 a Baiona. Neste último concello, cunha baixa (por cuarto mes consecutivo) do -1,22% co respecto a abril.

Mentres Baiona rexistrou un saldo neto de 15 casos menos que en abril, Gondomar medrou en 7 e Nigrán en 8. En relación a súa poboación activa (16 a 64 anos), Gondomar presenta a situación máis delicada pois o desemprego afecta a máis do 18% do seus traballadores. No mesmo senso e a pesar de levar catro meses cun leve descenso dos casos de paro, Baiona sitúase en segundo lugar cun 14,24% da súa poboación activa afectada pola falla de traballo. Finalmente Nigrán, atópase nun 14,06% de afectación.

Paro por concello e eido de actividade ao 31 de maio de 2012. (Fonte: Consellaría de Traballo e Benestar Xunta de Galicia)

Concello

Total Paro

Rural

Industria

Construción

Servizos

Demanda 1ª vez.

Baiona

1.212

41

144

206

671

150

Gondomar

1.801

22

347

387

778

267

Nigrán

1.734

44

257

245

912

276

 

Desempregados por sexo e concello. (Fonte: Consellaría de Traballo e Benestar Xunta de Galicia)

Concello

Total Paro

Homes

Mulleres

Baiona

1.212

580

632

Gondomar

1.801

903

898

Nigrán

1.734

826

908

Táboa comparativa do paro Abril 2012 - Maio 2012 (Fonte: Consellaría de Traballo e Benestar Xunta de Galicia)

Territorio

Abril

Maio

Diferenza

%

Galicia

277.644

277.608

-1036

-0.37

Prov. Pontevedra

109.224

108.887

-337

-0.31

Val Miñor

4.747

4.747

0

0

Baiona

1.227

1.212

-15

-1.22

Gondomar

1.794

1.801

7

0.39

Nigrán

1.726

1.734

8

0.46

Táboa comparativa Paro - Poboación activa (16 - 64) (Fonte: Consellaría de Traballo e Benestar Xunta de Galicia - Ficha Municipal do Instituto Galego de Estatística)

Territorio

Paro

Poboación Activa

%

Baiona

1.212

8.511

14.24

Gondomar

1.801

9.883

18.22

Nigrán

1.726

12.275

14.06

Val Miñor

4.747

30.699

15.46