Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Multitudinaria manifestación de afectados polas preferentes e subordinadas toma as rúas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

 

Saída da manifestación en GondomarCentenares de persoas responden á convocatoria da Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas no concello de Gondomar. Dende ás 19:30 horas, os aforristas que ocupan dende hai seis meses o Concello de Gondomar en reclamo da devolución dos seus cartos atrapados nas caixas galegas, reciben o apoio das plataformas do Condado - Paradanta, O Salnés, Baixo Miño, O Rosal (desaloxados esta mañá do Concello que o ocupaban), e de centos de afectados e veciños do Val Miñor.

Do cero e o infinito

Correo-e Imprimir PDF

obra-recente-carlos-barrosUn dos moitos argumentos recorrentes da modernidade é o abandono case total, de parte das artes plásticas, dunha idea de narración, asociada, quizais dun xeito inxenuo, a unha perspectiva fixa e homoxénea. A fotografía do século XIX, coas súas pretensións de verdade, invadiu o territorio da representación, e a pintura, orfa, algo estrañada, e aparentemente inútil, deu en emigrar alén dos seus límites tradicionais, espallándose fora do marco do cadro, na procura doutros espazos nos que se desenvolver. Desde entón, e malia os fecundos roteiros que se derivaron desa aventura adolescente, a pintura semella vivir cunha morte sempre anunciada, pendurada nun denso limbo de sospeita.  

Cun recital de guitarras e violíns pecharon a tempada 2012/2013 as escolas municipais de música de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Fin-de-curso-escuela-municiO Salón de Actos municipal albergou hoxe o acto de clausura do curso 2012/2013 das escolas municipais de música, no que participaron preto de 40 alumnos. Ao longo dunha hora, os alumnos interpretaron catorce pezas a guitarra e a violín de diversos estilos, desde Mozart ata Queen, pasando pola música popular francesa, ou clásicos do rock como The Beatles, Bob Dylan, The Animals ou The Police.

A deputación de Pontevedra gasta 258.500 euros en publicidade en 5 meses

Correo-e Imprimir PDF

Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Imaxe PP Pontevedra258.509,63 euros. Esa é a cantidade que leva gastada a Deputación de Pontevedra no que vai de ano só para publicidade en medios de comunicación escritos. Unha media de máis de 51.700 euros ao mes.

O organismo que dirixe o popular Rafael Louzán dividiu esta cantidade entre publicidade xenérica e convenios, cun total de 218.540,42 euros, e en PID (anuncios de licitacións) da deputación nos que invertiu outros 39.969,21.

Aforristas estafados polas caixas convocan á veciñanza a unha “gran manifestación” por Gondomar o luns 3 de xuño.

Correo-e Imprimir PDF

A Plataforma de Preferentes e Subordinadas de Gondomar conmemorará os seis meses de encerro cunha manifestación pola vila o vindeiro luns 3 de xuño. A concentración partirá da casa consistorial que seguen a ocupar, ás 19:30 horas para posteriormente percorrerán as rúas. Os afectados sinalan que cursaron invitacións aos tres alcaldes do Val Miñor, a totalidade dos partidos políticos e sindicatos, na procura do seu apoio á medida.

O 1 e 2 de xuño celébrase en Gondomar a VI Noite na Biblioteca con Espazo Lectura.

Correo-e Imprimir PDF

19 Noite biblioteca-208x300-A actriz e escritora Paula Carballeira participará na actividade organizada por Espazo Lectura

Na noite do sábado 1 ao domingo 2 de xuño Espazo Lectura organiza na Biblioteca Municipal de Gondomar a VI Noite na Biblioteca, con actividades que este ano estarán dedicadas ao poemario Contatrás, de Paula Carballeira, no cal está baseado o espectáculo Contatrás que a propia Paula Carballeira, xunto co actor Chiqui Pereira, representarán na biblioteca ao fío da media noite.

Veciños de Tomiño e o Val Miñor mobilízanse contra os proxectos mineiros na serra da Groba cunha xeira divulgativa: “Toponimia, Ouro e Morte”.

Correo-e Imprimir PDF

Burato-dos-Mouros-google-Co apoio do Concello de Tomiño, a Federación de Asociacións de Tomiño e o Instituto de Estudos Miñoranos os veciños de Pinzás organizan unha andaina o vindeiro sábado polo monte e terras da parroquia en rexeitamento aos proxectos mineiros a ceo aberto a estudo na Xunta de Galicia.
O vindeiro sábado día 1 de xuño de 2013, terá lugar a xeira divulgativa "Pinzás: Toponimia, Ouro e Morte", na que se percorrerá a aldea e montes de Pinzás (Tomiño) coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar do Instituto de Estudos Miñoranos. O punto de encontro será ás 10 horas na Casa do Pobo de Pinzás onde terá lugar un coloquio previo á andaina. Posteriormente sairase ao monte, onde terá lugar un xantar, levando cadansúa comida.

Coloquio no IEM sobre as “casas de indianos” no Val Miñor, Vigo e contorna a cargo de José R. Iglesias Veiga

Correo-e Imprimir PDF

villa-america-GondomarA presenza das chamadas “casas de indianos” na bisbarra do Val Miñor é abondosa. As diversas construcións que foran desenvolvida entre finais do século XIX e principios do XX polos emigrados a América, son agora patrimonio arquitectónico dedicado a actividades tan diversas como centros de ensino, industria, relixión, vivenda, ornamentación pública, así como morada final nos cemiterios. Nembargante, o profesor José Ramón Iglesias Veiga, advirte que o emprego do termo “arquitectura indiana”, para denominar  á edificación promovida polos emigrados retornados cun certo grado d e riqueza “non responde á realidade dun estilo singular e diferenciado, nin a tipoloxías importadas con características propias, nin tan sequera ao emprego de vocábulos dunha linguaxe peculiar de procedencia americana”.

A escritora Puri Ameixide presenta a súa novela “Nada se esquece” en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

puri-ameixideA escritora e profesora Puri Ameixide presentará a súa novela Nada se esquece este xoves 30 de maio ás 20:30 horas na libraría Libraida (Rosalía de Castro, 13, Gondomar). O acto contará cunha presentación de Belén Fernández Laredo, profesora de Lingua Galega no IES Escolas Proval e coa actuación musical do guitarrista Fernando Blanco, docente e orientador do mesmo centro de ensino miñorano.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL