A escritora e profesora Puri Ameixide presentará a súa novela Nada se esquece este xoves 30 de maio ás 20:30 horas na libraría Libraida (Rosalía de Castro, 13, Gondomar). O acto contará cunha presentación de Belén Fernández Laredo, profesora de Lingua Galega no IES Escolas Proval e coa actuación musical do guitarrista Fernando Blanco, docente e orientador do mesmo centro de ensino miñorano.
Nada se esquece, editada por Redelibros, estase a presentar como unha “novela de aprendizaxe, unha incursión tenra, sutil e profunda no territorio indefinido onde se forxa a nosa personalidade. Pero é, sobre todo, unha lectura que engaiola, que enfeitiza e deixa pegada na nosa memoria”.
Puri Ameixide é profesora no IES de Tomiño, profesión que lle permite compartir cos mozos e mozas o seu amor polos libros e a creación literaria.
Entrevista a Puri Ameixide feita por Libroslectureka
Dim lights Embed Embed this video on your site