Domingo, 12 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Nace un novo proxecto dixital ao pé do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

portal vinciosA Comunidade de Montes de Vincios acaba de estrear o proxecto dixital Cartografías Sensibles (www.vincios.org). O novo portal ofrece a posibilidade de coñecer a través de cartografías, textos e multimedias o rico patrimonio cultural e natural que agocha a parroquia de Vincios, no concello de Gondomar.

Charla sobre a pegada dos viquingos en Galicia e presentación da novela ´Assur´ en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

fnarla1O Centro Neural de Gondomar alberga este mércores 19 de xuño ás 20.30 horas a presentación da novela histórica "Assur", de Francisco Narla. O acto, organizado pola librería Libraida, se complementa cunha charla sobre os viquingos en Galicia.

Alternativa Galega de Esquerda pregunta á Xunta sobre o estado dos permisos para a práctica de prospeccións mineiras na Serra da Groba.

Correo-e Imprimir PDF

pinzas-sos-grobaO grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixe á Xunta que de conta do tipo de solicitudes e dos titulares das mesmas relacionadas coa explotación mineira na zona da Serra da Groba entre o Val Miñor e o Baixo Miño. Nomeadamente, solicitan unha confirmación oficial das diversas informacións que dan conta da intención da empresa Medgold Resources Corp. de Vancouver ( Canadá), de explotar preto de 80 km2 na Serra da Groba con minas para extraer ouro a ceo aberto.

Unha concentración de preferentistas mantén pechada a oficina de NGB en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

18-06-2013-ngb-gondomarUnha vintena de aforristas da Plataforma Gondomar están concentrados ás portas da oficina de Novagalicia Banco nunha mobilización de protesta tras quedar máis de 200 veciños da vila fóra dos arbitraxes de consumo. A medida impide ata de agora a apertura da oficina aínda que transcorre sen incidentes.

O grupo Los del Barro ofrece un concerto musical no Bar Fontán de Borreiros .

Correo-e Imprimir PDF

A partir das 23 horas deste venres 14 de xuño, o grupo musical Los del Barro ofrecerá un concerto no Bar Fontán da parroquia de Borreiros (Gondomar). A entrada é de balde.

A Plataforma pola defensa da Ría de Vigo presentará un informe de situación no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

libro ria vigoA Plataforma pola defensa da Ría de Vigo presentará na Aula de Cultura Ponte de Rosas o informe "Ría de Vigo. Impacto da actividade humana, xestión sostible e conservación ambiental". O coloquio será acompañado cunha mostra expositiva de dez paneis e terá lugar este venres 14 de xuño ás 20:30 horas na sede do Instituto de Estudos Miñoranos (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).

II Torneo de Xadrez Dani Da Rocha Prol

Correo-e Imprimir PDF

II Torneo de Xadrez Dani Da Rocha ProlO vindeiro sábado, 15 de xuño, terá lugar no Pavillón de Deportes de Panxón a 2ª edición do Torneo Dani da Rocha Prol, Torneo organizado polo Club de Xadrez Laroca, de Nigrán, e no cal se espera reunir ata un total de 200 participantes, entre eles moitos campións autonómicos e incluso algún nacional. O Torneo, ademais de ser un importante evento deportivo en Galicia, supón unha homenaxe ó pequeno Dani da Rocha Prol, amigo inesquecible para os membros do Club organizador.

Novagalicia Banco tamén eliminará as cláusulas de solo das súas hipotecas

Correo-e Imprimir PDF

Presentacion do acordo de fusion das caixasNCG Banco acordou eliminar as cláusulas de solo das súas hipotecas, o que afectará a uns 90.000 clientes, o 49% da carteira de créditos con persoas físicas da entidade galega, e a 6.600 millóns de euros de financiamento hipotecario.

NCG Banco aplicará a eliminación das cláusulas de solo con efecto desde o pasado 9 de maio, data da sentenza do Tribunal Supremo que declara a nulidade das mesmas.

María Rozalén e Paco Cifuentes en concerto no 7 Uvas

Correo-e Imprimir PDF

María Rozalén e Paco CifuentesA albaceteña María Rozalén  e sevillano Paco Cifuentes, estarán en concerto este venres no vino hotel 7 Uvas de Nigrán ás  22 horas.

Reserva de entradas no teléfono 986 36 63 26 (Aforo Limitado)

 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL