Luns, 13 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Airiños da Lagoa ofrece un espectáculo de danza e música tradicional no Campo das Redes.

Correo-e Imprimir PDF

airinhosA danza e música tradicional animará a noite de Nigrán coa actuación do grupo de baile Airiños da Lagoa no Campo das Redes. O espectáculo, de carácter gratuíto, dará comezo este mércores 24 de xullo ás 22:30 horas.

Comezan as festas patronais de Santa Ana e Santiago Apóstolo na parroquia de Parada

Correo-e Imprimir PDF

festa paradaCon actos relixiosos, fogos de artificio, gastronomía e moita música para bailar este mércores 24 de xullo darán comezo as festas patronais organizadas comisión de Santiago e Santa Ana na parroquia de Parada. O programa abrangue un feixe de actividades que rematarán o vindeiro domingo 28 coas tradicionais Cucañas.

O Concello de Gondomar pon en marcha novos cursos baixo a modalidade de formación on-line

Correo-e Imprimir PDF

ordandor taza boli- Este ano ofértanse 12 cursos de informática, xestión contable, habilidades directivas, xurídica procedimental, igualdade e idiomas
- As inscricións poderanse formalizar no CIM, os martes, mércores ou xoves, ata o 20 de agosto

Xeira nocturna do IEM polos petróglifos do Monte Tetón.

Correo-e Imprimir PDF

DSC04270 CustomEste venres 19 de xullo terá lugar a Xeira de arte rupestre no Ecoparque Arqueolóxico Monte Tetón, situado na parroquia de Tebra (Tomiño). A actividade dará comezo ás 22:30 horas na casa do Concello de Tomiño, onde terá lugar un coloquio sobre petróglifos a cargo do subdirector do Instituto de Estudos Miñoranos, o arqueólogo Xosé Lois Vilar.

Radio, danza, cine documental e música en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Na...Ponte ao vivoXurxo Souto está este venres en Gondomar co programa de radio "Na Ponte...ao vivo" de Ponte...nas Ondas!!

Porxectarase o documental sobre o Corpus Gondomareño.

O venres 19 de xullo, ás 22.30 horas a Praza da Alameda será o escenario do espectáculo radiovisual 'Na Ponte...ao vivo', conducido polo locutor de radio e músico, Xurxo Souto. 'Na Ponte...ao vivo' é un programa radiovisual en directo que vai mostrando o labor de Ponte nas ondas! ao longo de dúas décadas. O espectáculo combina a fórmula radiofónica con conexións audiovisuais e actuacións musicais en directo.

PortAmérica facilita un servizo de autobuses para poder chegar ao festival

Correo-e Imprimir PDF

Servizo de autobuses de PortAméricaAntendendo ao gran número de peticións de demanda de autobuses para chegar a Porto do Molle, a organización do Festival activou 2 líneas de autobuses que viaxarán dende Vigo até a porta do Festival, ida e vuelta, nos siguientes horarios:

Coñece Sabarís a través dunha ruta divulgativa

Correo-e Imprimir PDF

Mercado de SabarísA Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís "COEMSA" organiza para este mércores unha ruta divulgativa sobre os valores ambientais, culturais e comerciais da parrquia baionesa.

O horario de saída será 18:00 para rematar ás  20:00 onde se visitará o Observatorio Museo de Aves da Foz, a propia Foz do Miñor (espazo rede natura 2000), o casco antigo de Sabarís co seu conxunto histórico artístico  "Camiño Real, Ponte Románica, Pazo de Sabarís", e unha volta pola remodelada zona Comercial.

O Coro Tradicional Cantares do Brión en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

cantaresdobrion estandarte1O Coro Tradicional Cantares do Brión ocupará o escenario na praza do Concello de Baiona, o mércores, 17 de xullo, a partir das 11:00 da noite.

No repertorio, pezas históricas tradicionais e outras de nova creación, entre elas “Has de cantar”, con letra de Rosalía de Castro (Cantares gallegos) e música do director do coro, Pablo Rial Salgueiro. Tamén, a “Jota da Ponte”, con letra de Rosa Hervella e música do corista Antón Silva.

Exposición de acuarelas do artista plástico Fino Lorenzo, en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

A-RamallosaDesde o 17 de xullo ao 12 de agosto, o artista plástico, Fino Lorenzo, amosa unha pequena e coidada selección das súas acuarelas máis recentes. Podedes velas na Casa da Tía Ni, na Rúa Xulián Valverde, 36 de Sabarís (Baiona).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL