Luns, 13 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Rubén de Lis abre a carteleira de espectáculos culturais de agosto en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

ruben211- O día xoves Rubén de Lis presenta o su 3º traballo Nada es imposible e María do Ceo visitará Gondomar  o sábado cos seus fados

-Dende o domingo 4 de agosto e ata o xoves 8 de agosto, o Parque da Coelleira proxectará 5 películas para gozar en familia

Xeira do IEM pola parroquia de Peitieiros

Correo-e Imprimir PDF

peitieirosEste mércores 31de xullo terá lugar unha  nova Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos cunha visita guiada polas terras da parroquia gondomareña de Peitieiros. O punto de encontro será na sede do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira, Nº10, baixo, Gondomar), ás 17:30 horas.

Nigrán presenta o programa de actividades cara á celebración da festividade de San Fiz.

Correo-e Imprimir PDF

sanfizA xornada dará comezo o vindeiro xoves 1 de agosto, ás 10.00 horas, cunha misa rezada na Capela das Angustias e posteriormente ás 11.00 horas desenvolverase outro acto relixioso na Igrexa de San Fiz. A esa mesma hora, fronte á Casa Consistorial, a Banda de Música Agrupación de Vincios realizará uns pasarrúas desde o concello até a Igrexa de San Fiz, en Ceán. Os actos relixiosos continuarán ao mediodía cunha misa solemne en honra a San Fiz e a procesión cantada pola Coral Polifónica Novos Aires. A banda de música pechará a programación matutina cun concerto a partir das 13.00 horas.

Presentación en Baiona do libro “Un parlamento a voltas coa I+D+i”, de Diego Carou Porto

Correo-e Imprimir PDF

idiA Asociación Innovación e Optimización (iOP) presentará a súa primeira obra Un parlamento a voltas coa I+D+i, do investigador miñorano, Diego Carou Porto. O libro será presentado polo presidente da entidade, Rafael Domínguez Lago, nun acto que contará tamén coa presenza do autor na Biblioteca de Baiona, o vindeiro mércores 31 de xullo ás 20:30 horas.

Tony Lomba, este xoves no Marrucho

Correo-e Imprimir PDF

Tony Lomba - Foto JaniteTony Lomba e o seu atril pasarán polo esceario do Marrucho este xoves 1 de agosto ás 23:30h.

“El que no da un 200% sobre el escenario que se dedique a otra cosa”.

O rei do "wachu-wachu" e da música lixeira fará un percorrido dende Raphael a Nino Bravo, de Marvin Gaye a Vicente Fernández, de Rod Stewart a Marco Massini. Un cóctel que domina á perfección. Un show divertido onde o "crooner" vigués o dá sempre todo.

Os afectados polas preferentes ameazan con 'quitarlle' 1.200 millóns a Novagalicia

Correo-e Imprimir PDF

Protesta dos afectados en GondomarNovagalicia Banco pode verse metida en serios problemas se os afectados polas participacións preferentes levan a cabo a nova medida de presión proposta pola coordinadora galega das diferentes plataformas do país. A decisión semella definitiva, chegou tras un acordo "unánime" e os estafados só agardan ao momento para poñela en marcha. A idea: que os máis de 32.000 clientes que -logo doutra quita- recuperaron parte do seu diñeiro a través do Fondo de Garantía de Depósitos (FGD) retiren agora todos eses cartos do banco, ao que habería que engadirlle a cancelación masiva de contas por parte dos preferentistas que accederon a arbitraxe para que lle reintegrasen os seus aforros. En definitiva, serían até 1.200 os millóns que poderían saír da entidade bancaria, segundo os cálculos dos colectivos, ao sumarse aos 800 millóns que o FGD reintegrou aos clientes do banco uns 400 máis dos recuperados a través da arbitraxe.

Ponte...nas ondas! rescata os oficios mariñeiros no concello de A Guarda.

Correo-e Imprimir PDF

tesouros-vivos-1
A Asociación Pedagóxica Ponte nas ondas! está a desenvolver un proxecto de recolla dos oficios vencellados á cultura mariñeira no concello de A Guarda. A iniciativa abrangue a posta en valor tanto dos aínda vixentes, como aqueles desaparecidos ou a piques de facelo por mor das transformacións que afectan o sector. O traballo enmárcase na figura dos Tesouros Vivos promovida pola UNESCO, na procura da salvagarda do patrimonio inmaterial da humanidade.

Festa do Socio en Vilaza, Tonhito de Poi e os Blue Jeans na axenda cultural da fin de semana de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

A programación cultural da Concellaría de Cultura do Concello de Gondomar organiza para este domingo 28 de xullo a Festa do Socio en Vilaza. No marco desta celebración, a parroquia gozará dun domingo cheo de música, onde tamén haberá espazo para o teatro e o cine. Ás 13.00 horas, a Banda de Música Infantil de Vincios ofrecerá un concerto para os veciños e veciñas da parroquia no Centro Cultural. Pola tarde, será quenda para o teatro coa peza Tecendo mentiras, que dará comezo ás 18.00 horas. Como broche final, sesión de cine con Las chicas de la 6ª planta, ás 22.30 horas.

O gaiteiro Oscar Ibáñez presenta “Alén do mar” na praza do Concello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

oscar ibanhezO músico pontevedrés, Oscar Ibáñez, presenta este mércores 24 de xullo, o seu novo espectáculo "Alén do Mar", a partires das 23 horas na praza do Concello de Baiona. O espectáculo propón unha viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade froito da gravación do seu novo CD, no que, ademais da participación dos músicos da súa banda "Oscar Ibáñez & Tribo", contou coa colaboración de músicos galegos, navarros, vascos, andaluces, irlandeses, cubanos, arxentinos, venezolanos e brasileiros.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL