Domingo, 20 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda Rubén de Lis abre a carteleira de espectáculos culturais de agosto en Gondomar.

Rubén de Lis abre a carteleira de espectáculos culturais de agosto en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
ruben211

- O día xoves Rubén de Lis presenta o su 3º traballo Nada es imposible e María do Ceo visitará Gondomar  o sábado cos seus fados

-Dende o domingo 4 de agosto e ata o xoves 8 de agosto, o Parque da Coelleira proxectará 5 películas para gozar en familia

A programación cultural da Concellaría de Cultura do Concello de Gondomar continúa mañá xoves, coa presentación do 3º disco de Rubén de Lis, Nada es imposible. Será ás 22.30 horas na Praza da Alameda.

O grupo de percusión Odaiko & Friends abrirá as actuacións do fin de semana cun concerto que terá lugar o venres, tamén, na Praza da Alameda e que dará comezo ás 22.30 horas. O sábado, 3 de agosto, María do Ceo traerá a Gondomar os seus fados co espectáculo Fado con outro acento. Na Alameda, ás 22.30 horas.

Pecha esta programación para o fin de semana o concerto da banda estadounidense Lagniappe Brass Band, que actuará dentro do ciclo Concertos na Praza Paradela. Por outra parte, o Centro Cultural de Chaín acollerá a actuación da Banda Infantil de Vincios. Ambas as dúas ás 12.30 horas.

Cine no Parque da Coelleira

Os máis pequenos tamén teñen o seu espazo na programación cultural do Concello. Dende o domingo 4 de agosto e ata o xoves 8 de agosto, o Parque da Coelleira de Gondomar proxectará, ás 22.30 horas, 5 películas para gozar en familia.

Carteleira de cine

Domingo, 4 de agosto    Madagascar 3

Luns, 5 de agosto             Los 3 chiflados

Martes, 6 de agosto        Brave ‘Indomable’

Mércores, 7 de agosto   The Muppets (Los Teleñecos)

Xoves, 8 de agosto          Lorax, en busca de la trufa perdida