Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda ‘Maxia branca’ no Lois Tobío

‘Maxia branca’ no Lois Tobío

Correo-e Imprimir PDF

-O espectáculo inclúese dentro da programación de Nadal deseñada pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar

-Terá lugar o sábado 29, ás 18 horas no auditorio Lois Tobío

A maxia volve recalar no auditorio o sábado 29 de decembro, ás 18 horas, da man de Barfunda, dentro da programación deseñada pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar.

Bafunda presentará o espectáculo 'Maxia Blanca' protagonizado polo mago Xabi, o pallaso Lolo e Blanca Houdini, unha coelliña branca, unha posta en escena onde a ilusión da maxia se mestura nun cóctel de risas e gargalladas. O prezo da entrada é de 2,50 euros.