Venres, 20 Sep. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda Espectáculos de maxia e música para o fin de semana en Gondomar.

Espectáculos de maxia e música para o fin de semana en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
festivalmagia-badalona

O Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acolle mañá sábado, día 20, a actuación do “Trío de Ases”, un espectáculo de maxia tradicional a cargo dos ilusionistas Óscar Tosar, Carlos Cerviño e Manuel Solla. O espectáculo, o primeiro da II Mostra de Maxia Concello de Gondomar, dará comezo ás 22.00 horas. O prezo das entradas é de 3.5 euros, e venderanse desde as 21.00 na taquilla do recinto.

 

A Mostra de Maxia, que forma parte da programación de outono da Concellería de Cultura, traerá a Gondomar aos novos valores da maxia galega: Cayetano Lledó, o mago Xacobe e Chrystian Magic. A mostra conta coa colaboración da Agadic.

 

Máis propostas

Por outra banda, continúa o Ciclo de Música nas Parroquias. A Banda Escola Infantil de Vincios actuará mañá sábado na Escola de Guillufe de Morgadáns ás 18.30 horas. Xa o domingo, a Big Band de Vincios ofrecerá un concerto en no Centro Cultural de Peitieiros, ás 11.30 horas.