Luns, 13 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela impartirá unha conferencia no IEM sobre “A corrupción sistémica”.

Correo-e Imprimir PDF

Carlos-Varela-fiscal-300x292Carlos Varela, fiscal superior de Galicia, impartirá o vindeiro xoves 13 de xuño unha conferencia sobre "A corrupción sistemática", dentro do ciclo de coloquios que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. O acto se desenvolverá na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda da Feira, 10 baixo, Gondomar) a partir de las 20:30 horas.
Ao finalizar o faladoiro se abrirá un debate no que poderá participar o público asistente. O fiscal Carlos Varela será presentado polo director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome.

O Centro Cultural de Parada prepara unha excursión que percorrerá A Coruña.

Correo-e Imprimir PDF

Ata o día 20 de xuño poderán inscribirse as persoas interesadas en participar nunha excursión co destino A Coruña. A mesma terá lugar o domingo 30 de xuño con visitas á Casa dos Peixes e o Domus. O prezo da excursión é de 10€ para os nenos menores de 4 anos, 25€ para os nenos maiores de 4 anos e 30€ para os adultos. O prezo inclúe o autobús, o xantar e a entrada aos museos.

A mostra “Ceibes no Monte” do IES Terra de Turonio chega á 36ª Semana Verde de Silleda.

Correo-e Imprimir PDF

cabalos-ceibes-ies-turonio-O traballo realizado polo IES Terra de Turonio en colaboración coas asociacións de gandeiros do Val Miñor, as comunidades de montes e o Concello de Gondomar poderá verse no marco da Feira Internacional Semana Verde de Silleda do 13 ao 16 de xuño de 2013.

Sae a exposición pública o parque eólico do Merendón que afectará máis de 400ha da Serra da Groba.

Correo-e Imprimir PDF

garranos grobaSete aeroxeradores que afectarán 412, 63 hectáreas da Serra da Groba conforman o proxecto eólico “Merendón” que Economía e Industria acaba de ingresar a exposición pública por 30 días. O proxecto de incidencia supramunicipal implicará a expropiación de terras das comunidades de montes de Santa María de Oia, O Rosal e Loureza (Concellos de Oia e O Rosal). O novo parque elevaría a 18 o número de aeroxeradores sobre A Groba, de concretarse a instalación do tamén proxectado “Albariño I”, en territorio dos concellos de Baiona e Oia.

Inscricións abertas para un obradoiro de elaboración de perfumes no Nornas Hostel de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

A experta Lidia Rojo de Dios impartirá un curso de elaboración de perfumes naturais no Nornas Hostel de Gondomar o vindeiro sábado 15 de xuño. O mesmo se desenvolverá das 11 ás 14 horas e se impartirán coñecementos para a obtención e uso de aceites esenciais e hidrolatos; elaboración de perfumes naturais e maceración en alcohol e aceites. O custe do curso é de 20 euros. Os interesados no obradoiro poden comunicarse ao teléfono 986363604 ou polo correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

A parroquia de Parada celebrará a 3ª edición do Concurso da Empanada o vindeiro domingo.

Correo-e Imprimir PDF

Empanadas gallegas-diversiaA Comisión de Festas de Parada convoca á veciñanza a participar do 3er Concurso da Empanada que terá lugar nesta parroquia de Nigrán o vindeiro domingo 16 de xuño. As persoas interesadas en participar poderán achegar as súas creacións ata as 12:15 horas no Bar da Comisión. Todos os asistentes ao evento poderán degustar de balde os produtos unha vez o xurado faga a primeira cata dos mesmos. A actividade dará comezo ás 11 horas.

Nova "quita" do 13% ás preferentes de Novagalicia Banco

Correo-e Imprimir PDF

preferentes protesta aribada baiona 2013-O plan de Castellano de vender o 51% da entidade nacionalizada a investidores foráneos acelera os movementos en Novagalicia Banco, cuxos preferentistas perderán até o 58% dos aforros.
Xa se coñece oficialmente a segunda "quita" -un "roubo" segundo os afectados"- que terán que afrontar os posuidores de preferentes de Novagalicia Banco. Ademais do 41% de media que perderán de acordo ao recorte publicado en marzo (que fixa un desconto do 58,8 de máximo para os que tivesen preferentes de Caixa Galicia en 2003), agora deberán afrontar unha rebaixa adicional do 13,8%. Polo tanto, os afectados que non logren acudir a arbitraxe ou gañar un preito -malia que moitos deles foron estafados polas caixas- poderán perder de media máis do 54%.

O programa “O Debate” inaugura este martes a nova canle galega Irmandade TV.

Correo-e Imprimir PDF

aurelio-lopezUnha nova iniciativa únese á rede de medios en galego. Este martes, 11 de Xuño, ás 21:30 nace Irmandade TV da man do programa "O Debate", conducido por Aurélio Lopes. A primeira emisión analizará a quebra das caixas galegas e a estafa das preferentes. Os programas poden ser visionados cada martes a través do web www.irmandade.tv e os telespectadores poden participar no debate a través da etiqueta en Twitter #GalizaSenCaixas e a páxina en Facebook www.facebook.com/IrmandadeTV.

O Conservatorio de Música de Gondomar abre pre inscricións ata o 25 de xuño.

Correo-e Imprimir PDF

l tobioO Conservatorio Elemental de Música de abre o prazo de pre inscrición para todos os mozos/as de entre 8 e 14 anos que desexen tocar un instrumento. O Conservatorio de música ten unha formación homologada nas especialidades de Piano, Clarinete, Saxofón , Violín, Viola e Guitarra.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL