Sete aeroxeradores que afectarán 412, 63 hectáreas da Serra da Groba conforman o proxecto eólico “Merendón” que Economía e Industria acaba de ingresar a exposición pública por 30 días. O proxecto de incidencia supramunicipal implicará a expropiación de terras das comunidades de montes de Santa María de Oia, O Rosal e Loureza (Concellos de Oia e O Rosal). O novo parque elevaría a 18 o número de aeroxeradores sobre A Groba, de concretarse a instalación do tamén proxectado “Albariño I”, en territorio dos concellos de Baiona e Oia.
Entre as pegadas máis importantes xa denunciadas –entre outras pola Asociación SOS Groba-, atópase a incidencia que ademais dos aeroxeradores, terán as infraestruturas necesarias para o seu montaxe e mantemento na fauna, flora e demais patrimonio natural e etnográfico da zona. Nomeadamente este espazo ocupado dende hai milenios polos cabalos ceibes das terras do Miñor quedaría gravemente afectado. Incluso, o lendario curro da Valga ficaría no medio destas construcións.
Descrición do Proxecto Parque Eólico “Merendón”
Título: Parque Eólico do Merendón.
Solicitante: Tiraventos, S.L.
Domicilio social: Poligono de Torneiros, s/n, A Relva, 36410 O Porriño.
Municipios afectados: Oia e O Rosal.
Superficie afectada: 412,63 ha.
Características técnicas do parque eólico:
- 7 aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 3.000 kW.
- Potencia total admitida: 21 MW.
- Produción neta anual estimada: 61.069,90 MWh/ano.
- Orzamento total: 23.532.748,81 euros.
Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:
- 7 transformadores de 3.500 kVA instalados no interior do aeroxerador cunha relación de transformación 0,40/30 kV.
- Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 30 kV.
- Subestación de manobra de 30 kV.
Obxecto da información pública:
- Estudo ambiental.
- Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.
- Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico.