Domingo, 12 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Concerto de Pablo Balseiro ás 23 horas no Bar Fontán

Correo-e Imprimir PDF

pablo balseiroPablo Balseiro, integrante del grupo Los Guacamola chega coa súa guitarra ao Bar Fontán (Cruceiro, 2 – Borreiros), para brindar un concerto a partir das 23 horas deste venres 5 de xullo a partires das 23 horas. Entrada gratuíta.

O Val Miñor acolle a 12ª tempada consecutiva das Xeiras divulgativas do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

as xeiras do iemSon tempos difíciles para esta institución que contra vento e marea teima en conservar e dar a coñecer o patrimonio natural e cultural da bisbarra miñorana polo mundo en diante. Nembargante, o impresionante pulo que  botou andar ao Instituto de Estudos Miñoranos, xa case tres lustros atrás, fai que a pesar de publicar esta tarde na súa web un berro urxente de solidariedade que permita seguir adiante a esta asociación sen ánimo de lucro, ao mesmo tempo lanza un convite para participar gratuitamente de nove paseos guiados polos seus especialistas, e de xeito totalmente gratuíto. É que resulta difícil imaxinar o Val Miñor sen o seu IEM.

Animación infantil na tarde do xoves en Praia de Patos

Correo-e Imprimir PDF

sombrerosEste xoves a partir das 20:30 horas os máis pequenos poderán gozar dunha sesión infantil do animador Isla Letriska que presentará o seu espectáculo "Letriska Inmobile" na Praia de Patos.

Xoel López estará este sábado no Náutico en Panxón

Correo-e Imprimir PDF

Xoel LópezAs melodías de "Atlántico" de Xoel López soaran o próximo sábado no Náutico de Panxón á media noite.

O prezo da entrada será de 12€ anticipada e 15€ en taquilla.

Unha agricultura sen campesiños

Correo-e Imprimir PDF

O desmantelamento da actvidade agraria tradicional.A Unión Europea parece estar empeñada en acabar co pequeno campesinado. Así se desprende da reforma da Política Agrícola Común (PAC) aprobada o pasado 26 de xullo en Bruxelas. Unhas medidas que benefician, unha vez máis, aos grandes terratenientes e á agroindustria, en detrimento de aqueles que traballan e coidan a terra.

Un só dato: a pesar de que no Estado español só 350 mil persoas están dadas de alta como traballadores no campo, 910 mil reciben axudas. Quen son, pois, ese 560 mil perceptores de subvencións que non son campesiños pero si reciben devandito diñeiro? O informe "Una Política Agraria Común para el 1%", de Veterinarios Sen Fronteiras, déixao claro. Trátase de empresas da agroindustria, grandes viticultoras, supermercados e terratenientes. Os seus nomes e apelidos: Pastas Gallo, Nutrexpa, Osborne, Nestlé, Campofrío, Mercadona, a Casa de Alba, por só mencionar os maiores beneficiarios.


Iso si. Coa nova PAC, nin aeroportos nin ferrocarrís nin campos de golf recibirán máis axudas agrarias. Imaxino que o roubo, ou desvío de fondos, resultaba demasiado escandaloso. Outros amigos de Arias Cañete, en cambio, seguirán recibindo cuantiosas subvencións. A destacar, a súa esposa, Micaela Domecq, terrateniente andaluza e propietaria de Adegas Domecq. Xa se sabe, quen parte reparte.

nosa alimentación quedará en mans dun puñado de empresas da agroindustria e a distribución.

Como afirma o sindicato agrario COAG, na súa valoración e análise da reforma de PAC, «córrese o risco de desmantelamento dun sector, o agrario, estratéxico para a nosa economía». Algo que non é novo, pero que coas actuais medidas non fai senón agudizarse. Hoxe, menos do 5% da poboación activa no Estado español traballa na agricultura, e unha parte moi significativa son persoas maiores. Algo que, segundo os estándares actuais, é símbolo de progreso e modernidade. Talvez, teriamos que empezar a preguntarnos con que parámetros defínense ambos conceptos.

A agricultura campesiña é unha práctica en extinción. Anualmente, miles de leiras pechan as súas portas. Sobrevivir no campo e traballar a terra non é tarefa fácil. E é que quen máis saen perdendo no actual modelo de produción, distribución e consumo de alimentos son, precisamente, aqueles que producen a comida. A renda agraria situábase en 2007, segundo o COAG, nun 65% da renda xeral. O seu empobrecemiento é claro. Avanzamos cara a unha agricultura sen campesiños.

E, se estes desaparecen, en mans de quen queda a nosa alimentación? Creo que a resposta é clara: en mans dun puñado de empresas da agroindustria e a distribución que controlan cada un dos eslabóns da cadea alimentaria, desde as sementes até o produto final. "Cargill, Monsanto, Syngenta, Dupont, Procter & Gamble, Nestlé, Kraft, Mercadona, Eroski, Carrefour, Alcampo, O Corte Inglés" son quen, finalmente, dannos para comer. E, así nos vai.


Ignorancia ou vandalismo?

Correo-e Imprimir PDF

9405 265160506960168 782471255 nCon máis frecuencia da desexada atopámonos con agresións ao noso patrimonio cultural xa sexa arqueolóxico, etnográfico ou monumental. Tamén se dá o caso co patrimonio común do mobiliario urbano e o privado que podemos ver ao pasear por calquera das rúas e parques da nosa contorna, e o patrimonio natural leva a cotío agresións que resulta difícil entender nun mundo que chamamos civilizado.

Visita guiada do IEM polas parroquias de Malvas e Tebra.

Correo-e Imprimir PDF

xose lois vilar e membros do IemO vindeiro sábado 29 de xuño a partir das 5 da tarde terá lugar unha xeira guiada polo arqueólogo Xosé Lois Vilar do Instituto de Estudos Miñoranos. A actividade organizada pola Asociación C. de Malvas partirá da capela de Sanodomedio (Malvas - Tui) e percorrerá diversos xacementos arqueolóxicos, estacións de arte rupestre e enclaves naturais de particular fermosura localizados nas parroquias limítrofes de Malvas (Tui) e Tebra (Tomiño).

O BNG tratará a problemática das preferentes nun acto aberto na Casa da Cultura de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O BNG organiza este venres na Casa da Cultura de Gondomar un acto público sobre a problemática dos produtos financeiros tóxicos, especialmente das participacións preferentes.
O acto terá lugar mañá venres na Casa da Cultura ás 20:30 e vai contar coas intervencións de Manuela Rodríguez Pumar (responsábel comarcal de organización do BNG en Vigo), Xulio Vicente (afectado polas preferentes) e Henrique Viéitez Alonso (ex deputado do BNG no Parlamento de Galiza).

Presentación do libro Lembranza da Tecedeira na Aula de Cultura Ponte de Rosas (IEM)

Correo-e Imprimir PDF

capa-lembranza-da-tecedeiriO Instituto de Estudos Miñoranos presenta o libro Lembranza da Tecedeira. Trátase dunha reprodución facsimilar do poema que Victoriano Taibo lle regalou, manuscrito con coidada caligrafía e presentación, ao seu amigo Juan Novás, e que finalmente pasou a incrementar os fondos da nosa institución grazas á xenerosidade de Antonio Valverde, a quen chegou a través dun fillo do agasallado. O facsímile vén acompañado por tres artigos de Antonio Valverde, Marta Dacosta e Miguel Anxo Mouriño, que, respectivamente, explica a historia do manuscrito, profunda no seu lirismo e valor simbólico e analiza o léxico empregado. E, tamén, por un cd que recolle o poema recitado por Anxo Angueira cun fondo musical composto para esta obra por Antón Seoane.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL