Luns, 13 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

PortAmérica repite e con máis artistas locais

Correo-e Imprimir PDF

PortAmérica 2012 - Imaxe. Oscar Pinal
PortAmérica repite. E con ánimo de perpetuarse e converterse nunha das grandes citas musicais de Galicia, tal e como apuntaba o ano pasado na súa primeira edición.

Porto do Molle de Nigrán comeza a amueblarse e modernizarse para acoller a próxima fin de semana habitantes temporais (cun camping mellorado pero a 20 euros) desexosos de festival de verán, Rías Baixas e como non, das súas cancións favoritas en directo.

A luz subirá un 3,2% coa reforma do Goberno

Correo-e Imprimir PDF

El Ministro de IndustriaO Executivo Central carga sobre consumidores e pemes parte da redución do déficit de tarifa, isto é, a "suposta" débeda que ten acumulada o Estado coas eléctricas.

En total, o Executivo asegura que desde o 1 de xaneiro de 2012 a factura da luz sobe en conxunto un 8%

ANOVA denuncia a parálise de 170 proxectos no rural miñorano e contorna por mor da lentitude da AGADER.

Correo-e Imprimir PDF

rural mortoANOVA denuncia a parálise de 170 proxectos de desenvolvemento rural que atinxen ás bisbarras do Baixo Miño, Val Miñor, Vigo, Redondela, Mos, O Porriño, Fornelos de Montes, Pazos de Borben e Soutomaior. Os mesmos están pendentes de tramitar pola AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) para a súa admisión nos fondos europeos do Plan Leader 2007/2013, a rematar a finais de ano. O concelleiro Antonio Araúxo (ANOVA-Gondomar), denuncia que a "gravidade de semellante desleixo do Goberno do PP, radica en que moitos destes proxectos son de carácter produtivo, e polo tanto con capacidade para crear postos de traballo".

A música do país celebra a II Xuntanza Folclórica da parroquia de San Vicente de Mañufe.

Correo-e Imprimir PDF

manufe-torreiro- A toda música e con petiscos e bebidas a prezos populares o festival organizado polo Centro Cultural San Vicente de Mañufe espera superar o éxito de público acadado na primeira edición en 2012.
Seis bandas folclóricas animarán a segunda edición do festival a celebrarse o vindeiro sábado 13 de xullo a partir das 20:30 horas no torreiro parroquial. Entre as novidades deste ano, anúnciase a estrea do grupo local "Os Romanteleiros", formado no propio Centro Cultural e a participación do grupo folk vigués Virandeira que presentará temas do seu novo disco "Sons do Atlántico".

Xornada campestre e Bingo Social na fin de semana da parroquia de Parada.

Correo-e Imprimir PDF

A Comisión de Festas de Santiago e Santa Ana 2012/2013 de Parada, Nigrán, organizará o domingo 14 de xullo a súa tradicional Sardiñada no Monte Castelo a partires das 10:00. Haberá sardiñas, pan de millo, viño, callos, empanada, chuirrasco, ... Esta xornada campestre e festiva estará amenizada polo grupo de gaitas e baile do Centro Cultural "O Torreiro" de Priegue.

O CC A Merced de Chaín celebrará a “Festa do Socio” con diversas actividades o domingo 14 de xullo.

Correo-e Imprimir PDF

- Os máis pequenos poderán gozar dun espectáculo de monicreques e dunha noite de cine familiar

Espíritu Rías Baixas presenta PortAmérica, que celebra a súa segunda edición a próxima semana

Correo-e Imprimir PDF

Love of lesbian na pasada edición de PortAmerica - Foto: Oscar PinalNigrán acollerá no seu parque empresarial a segunda edición do "Woodstock galego" PortAmérica 2013, a celebrar os días 18, 19 e 20 de xullo.

O festival abriu unha bolsa de emprego para os veciños do Val Miñor.

Ruta polas minas de ouro da Serra da Groba da man dos especialistas do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

DSC 1097Este mércores 10 de xullo terá lugar a primeira Xeira do Verán 2013 organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos, cunha visita guiada polas minas de ouro da Serra da Groba. O punto de encontro será na sede do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira, Nº10, baixo, Gondomar), ás 17:30 horas. A ruta permitirá ollar unha explotación aurífera romana: Os Buracos dos Mouros, e outras máis. Os participantes poderán coñecer de primeira man a riqueza toponímica da serra, así como a biodiversidade que habita o enclave. Por certo, non fallarán referencias ás historias e lendas recollidas ao longo de séculos nestas terras do Miñor xunto coa contemplación das fermosas paisaxes da Groba e bisbarra que permiten os cumios da serra.

Grupo de voluntarios procederá á recuperación das baterías de artillería de Monteferro.

Correo-e Imprimir PDF

bateria-monteferroA recentemente creada Asociación Defensa y Memoria del Patrimonio Histórico Militar Abandonado iniciará un proxecto de recuperación do conxunto de baterías de artillería situado na península de Monteferro. A primeira xornada de traballo levarase a cabo o vindeiro sábado 13 xullo de 3 a 9 da tarde nas instalacións. A organización convoca a participación de voluntarios para levar adiante a tarefa.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL