Luns, 13 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

O IES Terra de Turonio despide o curso con baile e xogos tradicionais

Correo-e Imprimir PDF

Actuacion de breakdance no IES Terra de TuronioO Instituto Terra de Turonio de Gondomar despediu o curso cunha xornada de xogos tradicionais e un concerto musical. A xornada desenvolveuse no campo de fútbol de As Gaiandas que foi cedido polo Concello xunto coa montaxe do escenario.

A actividade cos xogos tradicionais estivo moi presente ao longo dos curso no propio instituto onde se imparte o ciclo profesional de actividades físico-deportivas no medio natural, ciclo que contempla o coñecemento dos xogos tradicionais e a súa práctica.

Son da Marisma, un festival lowcost made in Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

Son da MarismaAs veces as cousas pequenas fanse grandes, pero o festival de músicas emerxentes  "Son da Marisma" son desas cousas que teñen toda a pinta de naceren grandes para converterse ainda en máis grandes.

Un proxecto concebido para marcar o fito de converterse nunca cita anual de obrigado paso para os amantes da música emerxente galega, pero dende unha perspectiva local; e coa Foz do Miñor como telón de fondo.

Xosé María Díaz Castro será o novo homenaxeado no Día das Letras Galegas en 2014.

Correo-e Imprimir PDF

diaz castroA Real Academia Galega decide dedicar o Día das Letras 2014 ao poeta e tradutor de Guitiriz, Xosé María Castro (Guitiriz, 1914 – Lugo,1989).
Xosé María Díaz Castro  é autor de Nimbos (1961) considerada un dos cumes da poesía galega moderna, e que contén o célebre poema "Penélope" xustamente célebre pola súa beleza e fonda reflexión sobre Galicia e o seu fado histórico.

Na noite de San Xoán, A Fogueira dos Versos porá o broche final á tempada de actividades de Espazo Lectura

Correo-e Imprimir PDF

00 Fogueira versos Cabeceira-300x191A noite do 23 de xuño a asociación Espazo Lectura celebrará, un ano máis, un san Xoán alternativo con A Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración tradicional desta data (con comida, cacharela e música tradicional), co recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo cultural que este ano correrá a cargo de Múrmel Bruxas co título de “Viaxe a Bipolarkus”. Será un espectáculo interdisciplinar, para todos os públicos, que mestura música, teatro e poesía.

Aberto o prazo de inscrición para un curso de FacturaPlus en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

A Cámara de Comercio e a Concellaría de Formación e Emprego do Concello de Gondomar, organizan un curso de “FacturaPlus”.  O curso está dirixido, preferentemente, a desempregados de Gondomar, dispoñerá de 15 prazas e será de carácter gratuíto. A formación se impartirá no Centro Neural do municipio os días 8, 9 e 10 de xullo, en horario de 09:00 a 12.00 horas.

Concerto benéfico en Nigrán a prol da acollida dos nenos do Sahara que participan das Vacacións en Paz.

Correo-e Imprimir PDF

O concerto terá lugar o vindeiro sábado 22 de xuño ás 20 horas, na sala de conferencias e actos do Concello de Nigrán. O concerto ten por obxecto recadar fondos para subvencionar a campaña deste ano do programa Vacacións en Paz, na que unha ducia de cativos do Sahara Occidental acudirán ao Val Miñor, para convivir con outras tantas familias acolledoras durante os meses de xullo e agosto. En total a Galicia veñen 321 pequenos, e na nosa comarca serán doce: 4 en Nigrán 2 en Baiona e 6 en Gondomar.

Xuño cultural en Gondomar e Couso

Correo-e Imprimir PDF

- Rober Bodegas actuará o vindeiro sábado 22 no Auditorio Lois Tobío

-Os domingos 23 e 30 a Praza Paradela acollerá os concertos do grupo Vocalitis e de Fíbulas con Swaroskys xunto á Banda de Gaitas Novos Aires de Couso

-A parroquia de Couso vivirá a súa semana cultural os días 28, 29 e 30

Gondomar oferta un curso de Auxiliar de enfermería e outro en Limpeza de superficies e mobiliario

Correo-e Imprimir PDF

A Consellería de Traballo e Benestar, dentro do Plan Formativo para Desempregados (AFD) acaba de conceder ao Concello de Gondomar os cursos de Auxiliar de enfermería en xeriatría e Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, en resposta ás solicitudes presentadas á Xunta desde a Concejalía de Emprego do municipio.

Gondomar celebra o Día Europeo da Música cun concerto na praza da Paradela .

Correo-e Imprimir PDF

A praza da Paradela albergará un concerto co motivo do Día Europeo da Música, o vindeiro sábado 22 de xuño ás 12:30 horas.
Nunha primeira parte os alumnos do conservatorio municipal achegarán unha mostra das pezas aprendidas ao longo do ano, en distintas especialidades como clarinete, violín e saxofón; e na última parte, actuará a Orquestra do Conservatorio

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL