Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Aberto o prazo de inscrición para un curso de FacturaPlus en Gondomar

Aberto o prazo de inscrición para un curso de FacturaPlus en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

A Cámara de Comercio e a Concellaría de Formación e Emprego do Concello de Gondomar, organizan un curso de “FacturaPlus”.  O curso está dirixido, preferentemente, a desempregados de Gondomar, dispoñerá de 15 prazas e será de carácter gratuíto. A formación se impartirá no Centro Neural do municipio os días 8, 9 e 10 de xullo, en horario de 09:00 a 12.00 horas.

Todos os que desexen inscribirse deberán solicitar a ficha de inscrición no Centro de Desenvolvemento Local, ata o 5 de xullo, en horario de mañá.

Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co CDL no teléfono 986 384 020, ou formular as súas preguntas a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo