A Concellería de Xuventude e a de Formación e Emprego do Concello de Gondomar propoñen a mocidade un curso de Xardinería de 100 horas de formación.
Este curso vai dirixido prioritariamente a mozos/as de 16-35 anos, desempregados e do concello de Gondomar que desexen formarse nesta área e que de xeito autónomo coñezan e saiban como se prepara un terreo, implatacións de elementos vexetais, labores de mantemento de xardíns, céspedes e plantas de interior, sistemas de rego, fertilizantes, controis fitosanitarios, utilización de maquinaria, etc.
Os/as mozos/as que desexen participar nesta acción formativa deben inscribirse na OMIX do Concello de Gondomar, sita na Casa da Cultura, r/ Manuel Alonso s/n.
Máis información no teléfono 986.369.746