Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Ábrese oferta formativa gratuíta baixo a modalidade on-line no CIM Gondomar.

Ábrese oferta formativa gratuíta baixo a modalidade on-line no CIM Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
ordandor taza_boli

Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar e través do Centro de Información á Muller (CIM), ponse en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de FORMACIÓN ON-LINE. Este tipo de formación baséase nunha metodoloxía flexible coa que se leva traballando estes cinco últimos anos.

 

Ao igual que en edicións pasadas os cursos serán gratuítos, de 85 horas de formación a excepción de "Prevención de riscos laborais" que é de 60 horas, e estarán destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar. Engadir que se conta cun total de 70 prazas que serán adxudicadas por orde de formalización de inscrición, sempre e cando se cumpran cos requisitos.

A oferta formativa deste ano será:

­ Área de informática: Office 2007 e Open Office Writer, Calc e Base

­ Área xestión contable: Contaplus, Nominaplus e Facturaplus

­ Área de habilidades directivas: Uso profesional das redes sociais

­ Área xurídica procedimental: Protección de datos e Prevención de riscos laborais básico

­ Área igualdade de xénero: Educación para a igualdade de oportunidades

­ Idiomas: Inglés intermedio

Para poder realizar algún destes cursos hai que formalizar a inscrición no Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa da Cultura, telfs: 986 389 355 ou 986 360 224, e – mails: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ata o día 18 de setembro.