Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Na noite de San Xoán, A Fogueira dos Versos porá o broche final á tempada de actividades de Espazo Lectura

Na noite de San Xoán, A Fogueira dos Versos porá o broche final á tempada de actividades de Espazo Lectura

Correo-e Imprimir PDF
00 Fogueira versos Cabeceira-300x191

A noite do 23 de xuño a asociación Espazo Lectura celebrará, un ano máis, un san Xoán alternativo con A Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración tradicional desta data (con comida, cacharela e música tradicional), co recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo cultural que este ano correrá a cargo de Múrmel Bruxas co título de “Viaxe a Bipolarkus”. Será un espectáculo interdisciplinar, para todos os públicos, que mestura música, teatro e poesía.

A Fogueira dos Versos celébrase na Casa da Lectura (parroquia de Donas) a partir das 21:00 horas. As persoas que se animen a participar poden contribuír á festa traendo das súas casas algo de comida.

Coa Fogueira dos Versos Espazo Lectura cerra unha nova tempada de actividades centradas no fomento do libro e a lectura en Gondomar. Unha tempada que, malia as dificultades do momento e grazas ao traballo voluntario das persoas que conforman a asociación, non só conseguiu manter o número de actividades, senón iniciar dúas liñas novas destinadas aos treitos de idade que faltaban por cubrir: Contos en Cueiros, para bebés de 0 a 3 anos, e Comando Le, para mozos e mozas de 12 a 15 anos.

Todas as actividades de Espazo Lectura retomaranse tras o verán.