Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Espazo Lectura celebrará en Donas a tradicional Fogueira dos Versos na noite de San Xoán.

Espazo Lectura celebrará en Donas a tradicional Fogueira dos Versos na noite de San Xoán.

Correo-e Imprimir PDF
noite-san-xoan-de-Espazo-Lectura

O próximo xoves, 23 de xuño celebrarase un ano máis A Fogueira dos Versos, unha velada con música, poesía e contos para festexar a noite de San Xoán, organizada pola Asociación Espazo Lectura. A cacharela literaria, que toma prestado o nome dun poemario do autor Antonio García Teijeiro, acenderase na Casa da Lectura na parroquia de Donas a partir das 22:00h.

Na primeira parte da noite acenderase o lume, soará música e se compartirá chourizos asados e outros petiscos. A continuación, arredor do lume haberá unha lectura de poemas que logo se botarán ás lapas. A lectura está aberta a quen queira participar, nenos e nenas incluídos.

Como despedida, a partir das 12 da noite escoitarase as narracións para todo público do actor Avelino González .

Espazo Lectura invita ás persoas que asistan a levar algún poema breve para ler arredor do lume e, se o desexan, algo de comida para compartir na primeira parte da noite.