Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Coñece Sabarís a través dunha ruta divulgativa

Coñece Sabarís a través dunha ruta divulgativa

Correo-e Imprimir PDF
Mercado de Sabarís

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís "COEMSA" organiza para este mércores unha ruta divulgativa sobre os valores ambientais, culturais e comerciais da parrquia baionesa.

O horario de saída será 18:00 para rematar ás  20:00 onde se visitará o Observatorio Museo de Aves da Foz, a propia Foz do Miñor (espazo rede natura 2000), o casco antigo de Sabarís co seu conxunto histórico artístico  "Camiño Real, Ponte Románica, Pazo de Sabarís", e unha volta pola remodelada zona Comercial.

 

A ruta é accesible para todos os públicos. Terá unha duración de 2 horas e será realizada por unha bióloga especializada en Educación Ambiental e especialista en Patrimonio.

O prezo da visita será de 2€ por persoa a partir de 12 anos, os cales serán recuperables nos establecementos comerciais e hostaleiros asociados, xa sexa cunha consumición nos locais hosteleiros ou na compra de servizos.

O punto de encontro será no Observatorio Museo de Aves da Foz (Casa Rosa), que se atopa na entra da rotonda en Sabarís en Julián Valverde.

Para máis información a través do email  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou nos teléfonos, 618320033 e 691985059