Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A deputación de Pontevedra gasta 258.500 euros en publicidade en 5 meses

A deputación de Pontevedra gasta 258.500 euros en publicidade en 5 meses

Correo-e Imprimir PDF
Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Imaxe PP Pontevedra

258.509,63 euros. Esa é a cantidade que leva gastada a Deputación de Pontevedra no que vai de ano só para publicidade en medios de comunicación escritos. Unha media de máis de 51.700 euros ao mes.

O organismo que dirixe o popular Rafael Louzán dividiu esta cantidade entre publicidade xenérica e convenios, cun total de 218.540,42 euros, e en PID (anuncios de licitacións) da deputación nos que invertiu outros 39.969,21.

A primeira modalidade foi a utilizada, principalmente, para os medios galegos, mentres que a segunda serviulle para pagar publicidade en diarios de tirada estatal como El País, El Mundo ou o ABC, aínda que tamén a xornais galegos como La Voz de Galicia. Así, en publicidade xenérica, a Deputación de Pontevedra destinou 60.699 euros para o concurso da Camelia, 31.848 para a Gala do Deporte, 18.359 para a Canceira de Armenteira, 14.183 para a Copa da deputación, 26.060 para actividades deportivas e 21.559 o "Museo 6 edificios". E para convenios específicos, case 37.000 euros. Por outra banda, a institución pontevedresa publicitou tres anuncios de licitación nestes cinco meses por un montante total de 39.967 euros.

Os que máis levan

Precisamente, e como acontece con outras institucións públicas galegas, La Voz de Galicia sigue sendo o máis agraciado nestas axudas, a pesares de que na provincia de Pontevedra a súa difusión está por detrás da do Faro de Vigo. O xornal coruñés recibiu case 60.000 euros, un 23% do total das axudas, e en todos os conceptos. Nalgunhas ocasións, factura dúas veces por un mesmo concepto como no PID do 7-5-2013 e na publicidade do "Museo 6 edificios" factura case o 80% do total destinado a todos os medios.

Atlántico Diario, é o segundo que máis leva con 41.804 euros. Ademais da publicidade institucional, este medio beneficiase dun convenio específico de 18.000 euros. O Faro de Vigo é o terceiro beneficiario destas axudas con 38.245 euros.

Outros medios

Logo está Diario de Arousa con 29.236,35 euros, Diario de Pontevedra con 23.555,92 euros e El Correo Gallego, un medio que prácticamente non vende na provincia de Pontevedra, con 15.025 euros

Os xornais estatais veñen despois. Intereconomia con 12.100 euros, El Mundo con 8.658,52 euros, El País con 8.550, La Gaceta con 9.680 euros e ABC con 1.450.

Finalmente, a Deputación de Pontevedra tamén asinou un convenio con xornal dixital Vigo al Minuto por 6.050 euros.