Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Facenda "suspende" ao Concello de Gondomar en materia de estabilidade financeira

Correo-e Imprimir PDF

casa-concello-gondomarO Concello de Gondomar obtivo mala nota do Ministerio de Facenda en materia de cumprimento dos seus compromisos de estabilidade financeira. Gastou máis do que ingresou e gañouse un "non cumpre" do Ministerio na auditoría dos obxectivos estipulados pola Lei de Estabilidade Orzamentaria.

Nun informe revelado este xoves por Facenda, sinálase que a administración gondomareña rexistra un déficit de 697.562 euros correspondente á liquidación orzamentaria do ano 2013 e presentada en maio deste ano.

O goberno de Gondomar levará ao pleno da próxima semana, a aprobación inicial do PXOM

Correo-e Imprimir PDF

gondo-centroSerá o vindeiro xoves 18 de setembro nun pleno convocado aos efectos de debater a aprobación inicial do planeamento urbanístico. O goberno adianta que presentará o mesmo documento que se ven traballando coa empresa redactora EPTISA, con entrada por rexistro no Concello o pasado mes de marzo. Documentación que fóra entregada no mes de abril ao resto da oposición, que ata de agora manifestou a súa desaprobación co mesmo. O debate terá lugar en 7 días nunha corporación na que o goberno atopase en minoría. Igualmente as autoridades de Gondomar adiantan a forma que regularán a suspensión de licenzas urbanísticas que nalgúns casos poden chegar aos dous anos.

Denuncian falla de mantemento do parque infantil do CRA de Chaín.

Correo-e Imprimir PDF

IMG 2161A zona de xogos do colexio público infantil de Chaín está cuberta de matos.  

Así o atoparon este mércores as familias que levaron aos seus fillos no primeiro día do curso escolar.

O convenio para a xestión do lixo coa deputación provincial, ten que volver ao pleno de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

pleno setembroO pasado 6 de febreiro deste ano, o pleno da corporación municipal de Gondomar cos votos favorables de PP-CDL-IxG, aprobou entregar a xestión dos RSU do concello á deputación provincial. Decisión que se tomou malia a ter os informes totalmente contrarios da Secretaría e Intervención municipais, segundo denunciara o grupo nacionalista en varias ocasións. Nese senso, a agrupación nacionalista presentou un recurso de reposición contra o devandito acordo, recurso que tiña que ser resolto no prazo dun mes polo propio pleno e que a día de hoxe aínda está sen resolver.

Medran as diverxencias sobre a solución final á seguridade peonil dos escolares de Peitieros.

Correo-e Imprimir PDF

peroleiraA poucos días do inicio dos cursos o problema de seguridade na circulación peonil dos escolares do CEIP Neira Vilas segue sen unha solución final. Por unha banda os pais da ANPA reclaman dende outubro de 2013 a presenza da policía local para que controle o tráfico ás horas de entrada e saída dos cativos. Sen embargo, a concelleira de Educación, Paula Bouzós, afirma que a presenza permanente dos axentes non é posible polo número de efectivos dispoñibles, aínda que matiza, “sempre que poden concorren a Peitieiros”.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL