Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Nacionalistas volverán a reclamar no pleno o servizo HADO de Povisa para os habitantes de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

persoa cadeira rodasO novo convenio SERGAS-POVISA integra o servizo de hospitalización a domicilio e coidados paliativos coñecido como HADO. Atención que ata entón so beneficiaba ás persoas doentes adscritas á área CHUVI, deixando fóra aos usuarios de Gondomar e o resto do Val Miñor. En novembro do ano pasado a iniciativa do grupo nacionalista de Gondomar, aprobouse en pleno que o Concello reclamara ao SERGAS a súa implementación para os habitante do municipio. Sen embargo, e aínda a súa inclusión no novo convenio marco, Gondomar segue fóra do mesmo, segundo denuncia o edil Antonio Araúxo. "Unha de dúas: ou o goberno municipal non lle deu trámite, ou na Consellería de Sanidade non lle fixeron caso", afirma o concelleiro.

Para informar do PXOM, a taxa do lixo e o cobro do IBI, Anova convoca aos veciños de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

"Dada a necesidade de información e a demanda da xente, dende ANOVA-IN imos iniciar unha rolda de asembleas informativas por todo Gondomar", informa este mércores o edil nacionalista Antonio Araúxo. Engade que as mesmas terán por fin "explicar e informar á xente de como está neste momento o asunto do cobro e das posibles reclamacións ao respecto do IBI (contribución), do recibo do lixo e tamén da tramitación e futuro do PXOM. A primeira terá lugar este venres 10 de outubro ás 20:30 horas no Centro Neural de Gondomar. Na mesma, ademais de Araúxo intervirá o tamén concelleiro nacionalista Pauliño del Río.

VIDEO | Un coche sáese da estrada en Vincios e termina encaixado nunha casa

Correo-e Imprimir PDF

Estado no que quedou o vehículo | Foto Yanka SotoO coche saiuse na estrada P-331 que cruza a parroquia de Vincios a altura do kilómetro 144, antes de chegar á Pasaxe.

O conductor, un rapaz novo, puido sair por sí mesmo do vehículo.

Araúxo: “O Goberno Municipal do PP de Gondomar terá que demostrar agora a quen defende: á veciñanza ou ao Sr. Louzán e os negocios da Deputación”.

Correo-e Imprimir PDF

antonio araujo"O aprobado polo Pleno o pasado xoves 2 de outubro, non vincula xuridicamente ao Goberno Municipal, é dicir, poden facer caso omiso do acordado". Así o entende o concelleiro nacionalista Antonio Araúxo consultado sobre a decisión do goberno de Gondomar, que pasará ao cobro os recibos da taxa do lixo correspondentes a 2013 e 2014 a pesar do mandato contrario do pleno. O edil opositor matiza que o acordo plenario ten un "valor político", que reflicte a opinión da maioría dos representantes dos veciños na corporación, mais só compromete eticamente ao goberno. "O Goberno Municipal do PP de Gondomar terá que demostrar agora a quen defende: á veciñanza ou ao Sr. Louzán e os negocios da Deputación".

O pleno de Gondomar anula por maioría o cobro da taxa do lixo de 2013 e 2014, pero o goberno anuncia que o vai cobrar.

Correo-e Imprimir PDF

Colectores en GondomarO cobro dos recibos  pola recollida do lixo correspondente aos anos 2013 e 2014 foi anulada por decisión do pasado pleno municipal do día xoves. Así o decidiron os 9 edís da oposición.

Na mesma sesión, grazas ao apoio do independente Manolo Gómez (IxG), o goberno bipartito PP-CDL sacaba adiante a cesión definitiva deste servizo de recollida de residuos á Deputación de Pontevedra.

O día venres, e tras anunciar aos medios que esta medida permitiría aforrar ás arcas de Gondomar 560.000 euros nos dous primeiros anos, a alcaldía anunciaba na mesma nota o cobro dos recibos correspondentes aos anos 2013 a 2015 incumprindo o acordo plenario.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL