Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Nova marquesiña protexe das choivas aos escolares do colexio Serra Vincios, en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Marquesina-instalada-en-VinUnha nova marquesiña protexe das inclemencias do tempo aos escolares do colexio Serra Vincios dende a semana pasada. A mesma foi instalada pola concellería de Vías e Obras a solicitude da ANPA do centro así como da concellaría de Educación, segundo da conta o edil gondomareño, Jesús Salgueiro. O concelleiro engade que se están a desenvolver diferentes obras de acondicionamento e instalación destas marquesiñas no municipio, tanto no casco urbano como nas parroquias.

Actividade informativa sobre o PXOM, o IBI e a taxa do lixo este domingo en Borreiros.

Correo-e Imprimir PDF

Nacionalistas informarán sobre diversos temas de actualidad e responderán consultas da veciñanza este domingo 2 de novembro ás 12 horas no Centro Cultural de Borreiros. A actividade contará coa participación dos concelleiros Antonio Araúxo, Fátima Rodríguez e Pauliño del Río.

Detida unha veciña de Gondomar por roubar os xoguetes dos "Reis Magos"

Correo-e Imprimir PDF

REYES-MAGOS-EN-HIGUERA-DE-LA-SIERRAA policía nacional detivo onte a unha veciña de Gondomar de nacionalidade portuguesa, que buscaban por roubar os agasallos de "Reis Magos" do interior dun vehículo en Vigo o pasado Nadal.

Imputánlle un delito por roubo con forza.

Tallan e retiran unha palmeira infectada polo picudo vermello en pleno centro de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

retiro palmeira gondomarA praga do picudo vermello que afecta ás palmeiras da bisbarra dende principios de 2013 xa está instalada en pleno centro da vila de Gondomar.

Na mañá deste luns, operarios do concello colaboraban na retirada dun exemplar enfermo nunha finca localizada a escasos 100 metros da Praza da Paradela, fronte á casa consistorial. Con esta, son xa 5 as palmeiras talladas e retiradas nos últimos sete días neste municipio.

Dende que o picudo foi detectado por primeira vez en Galicia, exactamente na zona da Xunqueira (Borreiros), os técnicos fitosanitarios da Xunta levan ordenada a erradicación depreto de 40 exemplares neste concello, segundo os datos aportados por Juan Carlos González, concelleiro responsable de Medio Ambiente en Gondomar.

Nos próximos días procederase á talla e retirada doutas cinco palmeiras xa certificadas con picudo no municipio.

Esquerda Unida lanza “programa aberto no Val Miñor”.

Correo-e Imprimir PDF

Esquerda Unida lanza unha nova ferramenta de participación cidadá online: Programa aberto (http://www.programa-aberto.org/). O coordinador local de EU Gondomar, Josué Villar sinala que a organización busca adaptars ás novas formas de participación política online, "os novos tempos requiren de novas ferramentas". Con elas pretenden "garantir que as diferentes propostas dos veciños de Gondomar, Nigrán, e Baiona sexan identificadas, estudadas, e defendidas por Esquerda Unida nos diferentes municipios".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL