Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O BNG esixe ao Concello de Gondomar o arranxo e coidado dos xogos dos parques infantís.

Correo-e Imprimir PDF

parque-a-feira-gondomarO BNG de Gondomar esixe do Concello que proceda a realizar o arranxo de varios xogos dos parques Infantís, especialmente os da Coelleira. Denuncian que "están deteriorados e poden dar lugar a algún tipo de accidente". Engaden que varios dos xogos non están debidamente ancorados ao chan ou están rotos e en malas condicións de conservación, "polo que non están nas mellores condicións para seren usados polos pequenos e pequenas. Estes feitos poden derivar en que haxa algunha incidencia cos cativos que os usan".

Un derrube “provocado” de rochas esperta alarma ante o inicio dos cursos no CEIP Chano Piñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

derrube-chano-1

Varias pedras de gran porte apareceron espalladas na senda peonil dos accesos ao colexio Chano Piñeiro de Gondomar. A escena alarmou a membros da ANPA Pousa de Fontán do citado centro que procederon a denunciar o perigo destes desprendementos de producirse nun día de clases. Consultada Paula Bouzós, concelleira de Educación de Gondomar, explicou que tratábase dunha intervención do Concello sobre unha zona dos accesos ca fin quitar as rochas antes que caeran por mor das previsibles choivas. A intervención comezou o día martes e necesitou de dúas xornadas de traballo. A ausencia de carteis ou sinalización das obras provocou o mal entendido entre a ANPA e o Concello de Gondomar. 

O Círculo Podemos Gondomar convoca a unha asemblea aberta no Centro Neural da vila.

Correo-e Imprimir PDF

A Comisión de Coordinación do Círculo Podemos Gondomar convoca unha asemblea aberta, para o xoves día 4 de setembro as 20 horas, no Centro Neural da vila.

A Deputación completa o financiamento da reforma do Auditorio Municipal de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

visita-xunta-ltobioA Deputación achega 82 mil euros para rematar as obras do Auditorio Municipal de Gondomar. Exactamente 82.220,94 euros, que terán por obxecto o financiamento dos traballos de "ampliación do escenario e á remodelación dos camerinos e aseos" segundo dá a coñecer o organismo provincial este luns 1 de setembro. Os fondos pertencen ao denominado Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais (PUSIM), posto en marcha en marzo pasado.

Liberan dous garranos en Morgadáns tras breve “xeira turística” no barrio de Hervillás.

Correo-e Imprimir PDF

garranos fincaÉgua e poldro baixaron días atrás dende o Galiñeiro por motivos descoñecidos. Fame? Susto? Quen sabe, tal vez por pura aventura destes habitantes milenarios da serra que aínda pastan ceibes sen conciencia das limitacións territoriais e administrativas. Ficaron na finca dun bo veciño de Hervillás, ao que lle estragaron boa parte do seus cultivos. Este, aínda as perdas ocasionadas, deulles refuxio durante varios días e deu aviso á Garda Civil. O venres presentáronse o concelleiro de Gondomar, Juan Carlos González Camesella xunto a efectivos da policía local e un camión de gando que os transportou cara a Morgadáns e liberou no monte.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL