Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Unha subvención provincial permitirá o arranxo do tellado da escola unitaria de Peitieiros.

Correo-e Imprimir PDF

CRA-PeitieirosAsí o informou o alcalde Fernaqndo Guitián e a concelleira responsable de Educación, Paula Bouzós Barros á ANPA do CRA Antía Cal de Peitieiros. A axuda será por un total de 38 mil euros cuxa adxudicación "será inminente" segundo a concelleira. A súa vez, a ANPA solicitou ao Concello de Gondomar o acondicionamento do patio de area do centro, sobre o cal a administración comprometeuse a executar en breve.

O BNG convoca unha asemblea aberta para debater programas e candidaturas para as municipais en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

bng gondomarO BNG convoca a unha asemblea aberta en Gondomar dentro do proceso Construíndo futuro. Co horizonte das vindeiras eleccións municipais de maio de 2015, a reunión centrarase en aspectos relacionados con esa cita electoral. Segundo informa a agrupación na reunión se traballará na achega de propostas programáticas, propostas de criterios e nomes para a conformación da candidatura e deseño de campaña. Será na Casa da Cultura de Gondomar este xoves 13 de novembro ás 20:15 horas. A reunión é aberta aos colectivos socias e veciños de Gondomar.

Nacionalistas esixen ao equipo de goberno de Gondomar que devolvan dos seus petos 232 mil euros.

Correo-e Imprimir PDF

pleno gondomar set 2013Nacionalistas piden a dimisión do equipo de goberno de Gondomar e a devolución de 232.000 mil euros dos seus petos.
Responsabilizan aos concelleiros do bipartito PP-CDL de realizar unha operación de crédito por valor de 1.657,261,82€, en maio de 2012 innecesaria polo cal agora as arcas municipais deben enfrontar o pagos deses xuros.
A operación foi desenvolvida para pagar facturas pendentes de provedores, e segundo explican os nacionalistas, o Concello tiña un remanente de tesourería suficiente nesas datas para pagar directamente.

Vincios e Morgadáns acollerán asembleas abertas do grupo municipal nacionalista de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O sábado ás 20:30 horas no Centro Cultural de Vincios e ao día seguinte ás 12 nas escolas de Guillufe (Morgadáns), os concelleiros nacionalistas Antonio Araúxo e Pauliño del Río falarán cos veciños sobre diversos temas de actualidade na vida municipal de Gondomar. En Vincios contarán coa participación da tamén edil Maria Luisa Varela e o domingo con Xaime Luxilde, membro nacionalista da Xunta Veciñal da Entidade Local de Morgadáns.

Gondomar abre un programa de lecer e tempo libre para crianzas durante as vacacións de Nadal.

Correo-e Imprimir PDF

gondonadal-2013O Concello de Gondomar pon en marcha, por segundo ano consecutivo, o programa de lecer e tempo libre Gondonadal durante as vacacións escolares de Nadal. Co obxectivo de favorecer a conciliación familiar e laboral se ofrecen un total de 40 prazas destinadas a menores empadroados en Gondomar e fillos de traballadores en activo nados entre 2001- 2002 e no ano 2011. En caso de non cubrir todas as prazas aceptaranse menores doutros concellos con preferencia a aqueles cuxos proxenitores traballen no municipio de Gondomar.
O Gondonadal levarase a cabo entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro no CEIP Chano Piñeiro de 9 horas a 14 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL