Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Tres persoas feridas tras choque múltiple de turismos na rotonda de entrada a Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

choque gondomarSobre as 15 horas deste luns un turismo que iniciaba a circunvalación da rotonda de entrada a Gondomar foi impactado de atrás por outro que circulaba na mesma dirección Ramallosa - Gondomar.

Actualización:  Tralas primeiras informacións púidose saber que o accidente na rúa Elduayen en Gondomar involucrou a tres turismos. O condutor dun Seat Ibiza perdeu o control do coche por causas descoñecidas dando por detrás a un Renault Laguna e posteriormente a un Peugeot 306 a quen desprazou unha ducia de metros.
Os tres condutores involucrados recibiron feridas leves que obrigaron ao seu traslado a un centro sanitario de Vigo.

VIDEO | Cabalos con pexas nos montes de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

00-garranoAcompañado por outros tres exemplares, un garrano coas patas trancadas desprazábase con gran dificultade no monte de Peitieiros, na zona por riba do curro vello.

Un veciño atopouse cos cabalos o pasado domingo mentras transitaba pola zona e decidiu grabalos para denunciar o feito.

Os incendios de 2006 deixaron centos de exemplares mortos en Galicia calcinados polas chamas ante a imposibilidade de fuxir do lume.

O novo derrube dunha árbore na estrada agrava a problemática na contorna ao pazo do Conde de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

arbores pazoUnhas ramas de grandes dimensións caeron na mañá do sábado sobre a estrada e o alumado público dende a finca do pazo do Conde de Gondomar. O incidente provocou o peche do camiño de Posadas durante algunhas horas, obrigando á policía local a desviar o tránsito  para que operarios do concello as retiraran. O suceso alarmou unha vez máis a veciños da contorna, que segundo denuncia o portavoz socialista, Paco Ferreira, manifestáronlle estar moi asustados pola reiteración destas incidencias. Feitos que ten denunciados á administración local e que segundo o edil de Medio Ambiente, Juan Carlos González, xa obran nun expediente urbanístico.

Gondomar acomete a limpeza de pasamáns e pontes afectadas polo musgo.

Correo-e Imprimir PDF

pasamans-limpezaA humidade que está a encher de musgo os pasamáns e pontes de madeira da vila están a ser obxecto de limpeza por parte do Concello de Gondomar. Así o anuncia a concellaría de Vías e Obras que sinala que por mor destes traballo paralizou momentaneamente as obras de acondicionamento de marquesiñas que desenvolveu nas últimas semanas.
Engaden dende a administración local que esta semana finalizará a limpeza de parques infantís, entre eles o do Campo da Feira, "xa que, a pesar do tratamento aplicado á madeira no verán, as condicións climatolóxicas características desta época do ano provocan a aparición de verdín".

O Grupo Nacionalista de Gondomar desenvolverá coloquios informativos en Peitieiros e Mañufe.

Correo-e Imprimir PDF

O sábado 15 ás 20:30 horas no Centro Cultural de Peitieiros e o domingo 16 ás 12 horas na Casa da Cultura de Mañufe o Grupo Nacionalista de Gondomar desenvolverá coloquios informativos sobre o Plan Xeral de Ordenación, o pago da contribución e os recibos pola recollida do lixo no municipio. As intervencións estarán a cargo dos edís Antonio Araúxo e Pauliño del Río.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL