Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Veciños denuncian a presenza dun vertido incontrolado de “augas negras” sobre o Río Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

ver1Veciños de Chaín denuncian un vertido de grandes proporcións de “augas negras” á altura da ponte do barrio de A Torre.  Unha tubaxe que vai directamente á canle do río Morgadáns está a botar inxentes cantidades de augas residuais dende fai un ano, segundo informan dende o lugar (ver galería de imaxes). “O cheiro tírache para atrás”, sinala indignada unha das afectadas quen ademais amosa o cartel da Xunta de Galicia e o Concello de Gondomar onde con data decembro de 2012, se dá conta dunha intervención para a “Protección e conservación da calidade das augas no Río Morgadáns mediante reparación e cambios de equipos para o correcto funcionamento e aumento do caudal de bombeo de augas residuais en Chaín”. Obra cuxo investimento alcanzou os  38.455,41€. O cartel está situado xusto nas inmediacións do verquido.

Gondomar ofrece durante catro días o evento gastronómico “Las tapas del Conde”.

Correo-e Imprimir PDF

presentacion tapasDende este xoves os veciños e visitantes poderán gozar dunha ampla variedades de tapas a un custe de 2 euros. Dezaseis establecementos ofertarán entre outros pratos , o pincho mariñeiro, ás de polo 'ao allo"e o polbo con gambas. A mellor tapa será recoñecida cun premio outorgado polo actual conde de Gondomar. Os que desexen participar para elixir a mellor tapa deste 2014 deberán adquirir unha tarxeta, dispoñible nestes 16 establecementos, na que puntuarán ás distintas tapas. Ademais, entre os participantes que consuman, polo menos, catro tapas nestes establecementos, sortearanse un xamón ibérico Dehesa de Extremadura, un lacón Ibérico Dehesa de Extremadura e unha caixa de viños (3 botellas Reserva Viña Ardanza e 3 botellas Alberdi Crianza).

Eladio Costas pide ao Concello que dialogue cos afectados pola senda peonil Morgadáns-Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O edil denuncia que aínda está pendente o diálogo e consenso cos veciños afectados pola senda peonil que a Deputación prevé construír na estrada que une Gondomar con Morgadáns pasando por Chaín (EP 2302). A pesar que a obra foi declarada urxente en 2011 polo perigo que corren os viandantes que a transitan, Eladio Costas critica que o goberno municipal leva ata 5 anuncios da súa próxima construción sen que ata de agora se coñeza acordo algún coas persoas cuxos terreos se verán afectados pola intervención. O concelleiro teme que tanto anuncio oficial se converta nun chantaxe e detrimento do debido diálogo cos afectado polo trazado da senda.

Eliminados dous niños de avespa asiática localizados en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

retirada nido-Os niños estaban situados en Mañufe e no barrio de Toucido
- No pasado mes de xuño, o Concello xa procedeu a retirada dun niño deste tipo de avespa
Operarios da empresa pública Tragsa procederon, coa colaboración dos bombeiros e do Concello de Gondomar, á retirada de dous niños de avespas asiáticas situados en Mauñufe e no barrio de Toucido.

A deputación vota un novo convenio marco para a recollida de lixo que esperta dúbidas en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O pasado mes de febreiro o pleno do Concello de Gondomar cedía o servizo de recollida e xestión do lixo á Deputación de Pontevedra coa adhesión a un convenio marco achegado por esta. Mais o pasado 1 de agosto a Deputación volveu a debater e posteriormente votar as cláusulas do mesmo. Dende a agrupación nacionalista de Gondomar agora preguntan se este novo convenio que rexerá o servizo é igual ou diferente ao aprobado polo pleno local. Aseguran que nin a Deputación nin o Concello de Gondomar brindan información algunha ao respecto.  Engaden que ademais da inexplicable nova votación do convenio marco, a deputación puxo en pleno verán a exposición pública o regulamento do servizo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL