Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar ofrece durante catro días o evento gastronómico “Las tapas del Conde”.

Gondomar ofrece durante catro días o evento gastronómico “Las tapas del Conde”.

Correo-e Imprimir PDF
presentacion tapas

Dende este xoves os veciños e visitantes poderán gozar dunha ampla variedades de tapas a un custe de 2 euros. Dezaseis establecementos ofertarán entre outros pratos , o pincho mariñeiro, ás de polo 'ao allo"e o polbo con gambas. A mellor tapa será recoñecida cun premio outorgado polo actual conde de Gondomar. Os que desexen participar para elixir a mellor tapa deste 2014 deberán adquirir unha tarxeta, dispoñible nestes 16 establecementos, na que puntuarán ás distintas tapas. Ademais, entre os participantes que consuman, polo menos, catro tapas nestes establecementos, sortearanse un xamón ibérico Dehesa de Extremadura, un lacón Ibérico Dehesa de Extremadura e unha caixa de viños (3 botellas Reserva Viña Ardanza e 3 botellas Alberdi Crianza).


O evento contou cunha presentación oficial o pasado mércores pola mañá nas instalacións do Centro Neural de Gondomar. Nela, o alcalde Fernando Guitián amosou a súa satisfacción polo intereses que espertou esta iniciativa o ano anterior e que levou a repetila agora. "O primeiro ano, aínda que comezamos algo titubeantes, resultou magnífico. A verdade é que a sensación dos hostaleiros é que o pasado ano foi éxito. Por iso é lóxico que sigamos adiante con esta iniciativa, engadindo algúns cambios. Por exemplo, nesta edición van ser a xente a que vote á mellor tapa", apunta.
Ao finalizar a presentación, o rexedor gondomareño quixo mostrar o seu agradecemento a OVALMI "por crer nesta iniciativa", aos hostaleiros polo seu esforzo, ao Conde de Gondomar pola súa presenza e apoio e finalmente aos medios de comunicación pola súa labor de difusión; recoñecementos aos que se sumou a concelleira de Turismo, Paula Bouzós.
A presentación contou coa presenza do actual conde de Gondomar, Gonzalo Fernández de Córdoba e Narváez, do alcalde do municipio, Fernando Guitián, a concelleira de Turismo, Paula Bouzós e Esther Lorenzo en representantes da Asociación de Empresarios do Val Miñor (OVALMI).