Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O Grupo Nacionalista de Gondomar abre coloquios informativos cos veciños de Couso e Donas esta fin de semana.

Correo-e Imprimir PDF

Os concelleiros nacionalistas Antonio Araúxo e Pauliño del Río informarán sobre o estado do PXOM, o cobro da taxa do lixo e do IBI, este sábado ás 20:30 horas na Casa Veciñal de Couso e o domingo ás 12 horas no Centro Cultural de Donas.

"Temos que mollarnos até os nocellos para meter e sacar os nenos da gardería"

Correo-e Imprimir PDF

Os conos advierten do perigo na cancela de entrada | Imaxe cedida

Nais e pais que acuden a levar aos cativos á gardería municipal de Gondomar reclaman que se arranxe dunha vez o sistema de desaugue do patio de entrada.

Denuncian que as bocas de desaugue son pequenas e están atascadas e cando chove un pouco acaban anegando todo o patio.

Antonio Araúxo: “O Río Miñor foi e está a ser maltratado”.

Correo-e Imprimir PDF

R0012576Nacionalistas acusan ao goberno de Gondomar de facer caso omiso ás múltiples advertencias sobre o deficiente mantemento da canle e beiras dos ríos que atravesan a vila.

Afirman que por mor diso as choivas destes últimos días provocaron que o  Río Miñor volvera anegar Gondomar “con importantes danos e moito dasacougo na veciñanza, principalmente na que vive perto das súas beiras”.

O IEM denuncia a agresión aos petróglifos de Santa Lucía en Vincios con 4000 anos de antigüidade

Correo-e Imprimir PDF

santa lucia solinho

A estación de arte rupestre coñecida como Santa Lucía en Vincios, Gondomar, atópase gravemente afectada por unha serie de intervencións nos terreos do perímetro de protección do xacemento así como  o depósito de grandes bloques de granito enriba de varias das laxes gravadas. O estado da estación non permite visualizar se os petróglifos aínda existen, se foron deturpados ou atópanse agochados debaixo dos bloques. Ante esta agresión o Instituto de Estudos Miñoranos presentou este venres denuncia administrativa ante o Concello de Gondomar e a Xunta de Galicia, e presentou un escrito e probas documentais ante a Garda Civil para que o traslade ao ámbito xudicial.

Gondomar licita obras para mellorar a accesibilidade e infraestruturas da Praza de Abastos.

Correo-e Imprimir PDF

praza-abasto-gondomarO Concello de Gondomar sacará a licitación una serie de melloras para a Praza de Abastos da vila. Entre traballos previstos atópase a instalación de rampas de accesibilidade para a eliminación de barreiras arquitectónicas do edificio, a substitución da iluminación ordinaria por unha de tecnoloxía led, a instalación de rótulos luminosos nos postos de comercio, así como o mantemento xeral de limpeza e pintura. A inversión total será de 42.000 euros, dos cales o 75% será financiado pola Xunta de Galicia e o 25% restante polo Concello.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL